Ignacio Chao

poeta, xornalista e editor galego

José Ignacio Chao Castro, nado en Pontedeume en novembro de 1968, é un poeta, xornalista e editor galego.

Ignacio Chao
Nacementonovembro de 1968
 Pontedeume
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Xornalismo[1] en Salamanca e Madrid, tendo colaborado en Radio Intercontinental nesta última cidade e nas páxinas culturais de El Mundo de Galicia. Foi un dos primeiros en facer xornalismo exclusivamente para Internet, a finais dos anos noventa, para o Rías Baixas Magazine. Desa época é tamén a súa obra poética Corazón de segundas partes (Soc. Cultural Valle-Inclán, 1998) co que conseguiu o XVII Premio Esquío de poesía. A esta obra seguiulle un silencio poético roto con Taciturno peregrino (Fotoxoguete, 2007), un fotopoemario sobre o Camiño de Santiago feito en colaboración cos fotógrafos Carlos Puga e Nacho Gómez.

Actualmente traballa como coordinador literario das coleccións Ala Delta e Catavento da Editorial Tambre, oficio que compaxina coa tradución.

ObraEditar

PoesíaEditar

  • Corazón de segundas partes, Soc. Cultural Valle-Inclán, 1998, XVII Premio Esquío de poesía
  • Taciturno peregrino, Fotoxoguete, 2007.

NarrativaEditar

TraduciónEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar