Josep-Francesc Delgado

historiador español

Josep-Francesc Delgado i Mercader, nado en Barcelona o 6 de febreiro de 1960,[1] é un profesor de ensino secundario e premiado escritor de poesía e literatura infantil e xuvenil en catalán, con obra traducida ao inglés, aragonés, castelán, éuscaro e galego.

Infotaula de personaJosep-Francesc Delgado
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
31 de marzo de 2016Koiné Manifest (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1809

Traxectoria editar

Pasou a infancia en Sitges, Mallorca e Menorca. Durante 1987 e 1988 escribiu a súa primeira novela: Si puges al Sagarmatha quan fumeja neu i vent (Premio Joaquim Ruyra 1987).[2] É unha novela ambientada no Himalaia, onde un grupo de montañeiros cataláns tentan alcanzar o cumio do Everest (Sagarmatha en lingua nepalesa). O misterio xira arredor da desaparición de Mireia, a única muller integrante da expedición. Os membros da expedición reúnense poucos meses despois dos acontecementos en Barcelona para revivir as aventuras no Sagarmatha. Finalmente, todo ten que ver coas predicións que o Gran Lama lle fixera a Mireia e o misterio queda clarificado.

É cofundador da Associació de Joves Escriptors en llengua Catalana (AJELC) e membro da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (AELC).

Obra (selección) editar

  • Si puges al Sagarmatha (1988) [2]
  • L'empaitagrills i la noia de la Lluna (1993, premi Guillem Cifre de Colonya)
  • El mussol Oriol i el lladre de les endevinalles (1994)
  • El mag i l'estrella (1996)
  • Per què els nens no tenen por de l'home del sac jove (1996)
  • Endevina, endevinaràs quin animal seràs (1995)
  • Ulldevellut (1999, premi Josep M. Folch i Torres)
  • El concertista d'ocells (2002). Publicada en galego como O concertista de paxaros.
  • Els llops de la lluna roja (2002, premi Ramon Muntaner)
  • L'Alba ja no va tenir por (2003)
  • Papitis (2004)
  • Mamitis (2005)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar