Parque nacional de Sagarmatha

O Parque Nacional de Sagarmāthā é un parque nacional no Himalaia no leste do Nepal que está dominado polo Monte Everest. Abarca unha área de 1.148 km² no Distrito de Solukhumbu e vaí desde os 2.845 ata os 8.848 m., no cumio do Monte Everest. No norte, comparte a fronteira internacional coa Qomolangma National Nature Preserve do Tíbet. No leste linda co Parque Nacional de Makalu Barun e no sur esténdese cara ao río Dudh Kosi.[1] Forma parte do Paisaxe Sagrado do Himalaia.[2]

Modelo:Xeografía políticaParque nacional de Sagarmatha
Imaxe

Nomeado en referencia aEverest Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 27°53′28″N 86°41′35″L / 27.89107, 86.69303Coordenadas: 27°53′28″N 86°41′35″L / 27.89107, 86.69303
Estado sen litoralNepal
Províncias (pt) TraducirKoshi Province (en) Traducir
Distrito (pt) TraducirSolukhumbu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1.148 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoEverest (8.848,86 m) Editar o valor em Wikidata
Creación1976 Editar o valor em Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Asia-Oceanía insular
Data1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) Editar o valor em Wikidata
Identificador120
Categoría II da UICN: Parque Nacional

Páxina websagarmathanationalpark.gov.np Editar o valor em Wikidata
Tengboche

Sagarmāthā é unha palabra Nepali derivada de सगर् sagar que significa "ceo" e माथा māthā que significa "cabeza".[3]

A área protexida identificouse como Área de Aves Importante pola BirdLife International.[4]

Historia editar

O Parque Nacional de Sagarmatha creouse en 1976. En 1979, converteuse no primeiro parque nacional do país inscrito como Patrimonio da Humanidade. En xaneiro de 2002, engadiuse unha Zona de protección de 275 km².[1] Baixo as Pautas de Xestión de Zona de proteccion a conservación dos bosques, a vida salvaxe e os recursos culturais recibiron a máxima prioridade, seguido da conservación doutros recursos naturais e do desenvolvemento de enerxía renovable.[5]

O turismo cara á zona comezou a principios dos anos 60. En 2003 chegaron preto de 19.000 turistas. A partir de 2005, preto de 3.500 Sherpas vivían en aldeas e asentamentos estacionais situados nos principais camiños turísticos.[6]

O centro de visitantes do parque está situado na cima dun outeiro en Namche Bazaar, onde unha compañía do exército nepalés está estacionada para a protección do parque. A entrada sur do parque está a poucos centos de metros ao norte de Monzo a 2835 m, unha caminata dun día desde Lukla.[7]

Paisaxe editar

O parque abrangue as áreas máis elevadas da conca do río Dudh Kosi, a conca do río Bhotekoshi e os Lagos Gokyo. Está composta principalmente por terreos accidentados e canóns do alto Himalaia, desde 2845 m. en Monjo ata o cumio máis alto do mundo no Sagarmatha (Monte Everest) con 8848 m. por riba do nivel do mar. Outros picos por riba dos 6000 m. son o Lhotse, Cho Oyu, Thamserku, Nuptse, Amadablam e Pumori. O terreo árido por encima de 5000 m. comprende o 69% do parque mentres que o 28% son pastos e o 3% restante son bosques. As zonas climáticas inclúen unha zona templada boscosa, unha zona subalpina superior a 3.000 m. e unha zona alpina superior aos 4.000 m. que constitúe o límite superior do crecemento da vexetación. A zona nival comeza nos 5000 m..[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Bhuju, U. R., Shakya, P. R., Basnet, T. B., Shrestha, S. (2007). Nepal Biodiversity Resource Book. Protected Areas, Ramsar Sites, and World Heritage Sites (PDF). Kathmandu: International Centre for Integrated Mountain Development, Ministry of Environment, Science and Technology, in cooperation with United Nations Environment Programme, Regional Office for Asia and the Pacific. ISBN 978-92-9115-033-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xullo de 2011. Consultado o 04 de xaneiro de 2019. 
  2. Gurung, C. P.; Maskey, T. M.; Poudel, N.; Lama, Y.; Wagley, M. P.; Manandhar, A.; Khaling, S.; Thapa, G.; Thapa, S.; Wikramanayake, E. D. (2006). "The Sacred Himalayan Landscape: Conceptualizing, Visioning, and Planning for Conservation of Biodiversity, Culture and Livelihoods in the Eastern Himalaya" (PDF). En McNeely, J. A.; McCarthy, T. M.; Smith, A.; Whittaker, O. L.; Wikramanayake, E. D. Conservation Biology in Asia. Kathmandu: Nepal Society for Conservation Biology, Asia Section and Resources Himalaya Foundation. pp. 10–20. ISBN 99946-996-9-5. 
  3. Turner, R. L. (1931). सगर् sagar Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. and माथा matha Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. in: A comparative and etymological dictionary of the Nepali language. K. Paul, Trench, Trubner, London.
  4. "Sacred Himalayan Landscape". Government of Nepal – Department of National Parks and Wildlife Conservation. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2013. 
  5. Heinen, J. T.; Mehta, J. N. (2000). "Emerging Issues in Legal and Procedural Aspects of Buffer Zone Management with Case Studies from Nepal". Journal of Environment and Development 9 (1): 45–67. 
  6. Byers, A. (2005). Contemporary human impacts on Alpine ecosystems in the Sagarmatha (Mt. Everest) national park, Khumbu, Nepal. Annals of the Association of American Geographers 95 (1): 112–140.
  7. "World’s highest ER battles to save lives on Everest" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 2018-09-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar