Ninguén coma min

obra literaria de Ignacio Chao e Eva Sánchez

Ninguén coma min, co subtítulo Autobiografía dun tirano, é un álbum escrito polo galego Ignacio Chao e ilustrado pola artista catalá Eva Sánchez. Publicouno a editorial pontevedresa Kalandraka, na súa colección "Maremar", en xaneiro de 2020[1]. Foi escollido para o catálogo White Ravens de 2021 como unha das mellores obras da literatura infantil e xuvenil dese ano[2].

Ninguén coma min
Autor/aIgnacio Chao
Lingualingua galega
Xénero(s)libro ilustrado
Data de pub.2020
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Tras recibir unha mención na XI edición do Premio Compostela de Álbum ilustrado, a obra comercializouse ao mesmo tempo en tres linguas: en galego (lingua orixinal), en castelán -intitulada Nadie como yo- e mais en catalán -Ningú com jo-.

Trátase dunha "metáfora sobre o poder que, a través da figura dun porco, presenta un tirano que repasa a súa traxectoria vital"; en canto ás ilustracións, consonte a presentación editorial, son "figurativas, cun hábil tratamento cromático e de gran detallismo técnico, xogan co simbolismo dos personaxes -ratas, raposos, monos, voitres- e destacan pola agresividade das escenas humanizadas."[3].

Son un dos grandes persoeiros deste país recóndito, con rol de náufrago, reo de si. Eu, que pertenzo a unha estirpe pobre, vulgar, afeita a vivir coa cabeza abaixada, son agora o elixido…
Texto que abre o álbum, na voz do marrancho protagonista.

Notas editar

  1. Ficha en Imosver.
  2. Ninguén coma min e santoamaro nos White Ravens 2021, Galix.org, outubro de 2021.
  3. Dossier de prensa Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. elaborado pola editorial.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar