Thomas Wolfe

escritor estadounidense

Thomas Clayton Wolfe, nado en Asheville (Carolina do Norte) o 3 de outubro de 1900 e finado en Baltimore (Maryland) o 15 de setembro de 1938, foi un importante novelista estadounidense do inicio do século XX.[1]

Thomas Wolfe
Nacemento3 de outubro de 1900
 Asheville, Carolina do Norte
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento15 de setembro de 1938 (37 anos)
 Baltimore, Maryland
Estados Unidos de América Estados Unidos
Causatuberculose
SoterradoRiverside Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard e Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill
Ocupaciónescritor, poeta, novelista, prosista, ensaísta, dramaturgo e dramaturgo
IrmánsFred Wolfe
Coñecido/a porLook Homeward, Angel
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
Na rede
IMDB: nm0938151 IBDB: 11233
Musicbrainz: 13d8816a-2484-458b-9468-f480b69158f7 Discogs: 471227 WikiTree: Wolfe-2120 Find a Grave: 1120 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Thomas escribiu catro longas novelas, alén de varios contos, traballos dramatúrxicos e outras novelas. É coñecido por mesturar prosa extremadamente orixinal, poética, musical e impresionista coa escrita autobiográfica. Os seus libros reflicten vividamente a cultura americana e demais temas do período, aínda que filtrados pola perspectiva sensíbel, sofisticada e super-analítica de Thomas. Foi moi famoso en vida.[1]

Despois da morte de Wolfe, o seu principal contemporáneo, William Faulkner, dixo que Thomas podería ter sido o mellor talento da súa xeración.[1][2] A influencia de Wolfe esténdese aos escritos do famoso autor beat Jack Kerouac, Ray Bradbury e Philip Roth, entre outros. Continua sendo un dos máis importantes autores na literatura americana, considerado o escritor máis famoso de Carolina do Norte.[3]

Obras editar

  • Look Homeward, Angel (1929)
  • Of Time and the River (1935)
  • From Death to Morning (1935)
  • The Story of a Novel (1936)
  • The Lost Boy (1937). Traducida ao galego como O neno perdido (2022)[4]
  • The Web and the Rock (1939)
  • You Can't Go Home Again (1940)
  • The Hound of Darkness
  • The Hills Beyond (1941)
  • Mannerhouse: A Play in a Prologue and Four Acts (1948)
  • A Western Journal: A Daily Log of the Great Parks Trip, June 20-July 2, 1938 (1951 pola editora da Universidade de Pittsburgh)
  • The Letters of Thomas Wolfe (1956)
  • Short Novels of Thomas Wolfe (1961)
  • The Mountains: A Play in One Act; The Mountains: A Drama in Three Acts and a Prologue (1970)
  • Welcome to our City: A Play in Ten Scenes (1983)
  • Beyond Love and Loyalty: The Letters of Thomas Wolfe and Elizabeth Nowell editado por Richard Kennedy (1983)
  • My Other Loneliness: Letters of Thomas Wolfe and Aline Bernstein (1983)
  • The Party at Jack's (1995)
  • The Collected Stories (Francis E. Skipp, ed.) (1987)
  • To Loot My Life Clean: The Thomas Wolfe-Maxwell Perkins Correspondence (2000)
  • O Lost: A Story of the Buried Life (2000)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Reeves Paschal (1974). Ayer Publishing, ed. Thomas Wolfe, The Critical Reception. p. xvii. ISBN 0891020500. 
  2. "Thomas Wolfe’s Final Journey". Virginia Quarterly Review. 14 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 05/09/2013. Consultado o 11/10/2009. 
  3. "Prêmio Thomas Wolfe 2008". Cornell University. 09/09/2008. Consultado o 10/11/2009. 
  4. Chao, Ignacio. "O neno perdido". Hugin e Munin. Consultado o 2023-11-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar