Ignacio Arroyo Lambarri

futbolista español

Ignacio Arroyo Lambarri, nado en Muskiz o 2 de xullo de 1942, é un exfutbolista español, que xogaba como centrocampista.

Arroyo
Información persoal
Nome Ignacio Arroyo Lambarri
Nacemento 2 de xullo de 1942
Lugar de nacemento Muskiz
Altura 1,74 m.
Posición centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Somorrostro
1963–1968 Athletic Club 17 (1)
1963–1964 Indautxu 23 (1)
1964–1966 Racing de Ferrol
1968–1972 Racing de Ferrol 132+ (15+)
1972–1974 Cádiz 40 (3)
1974–1975 Racing Portuense
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira como futbolista no Somorrostro e no Sestao River, fichando en 1963 polo Athletic de Bilbao. A continuación saíu cedido ao Indautxu,[1] co que debutou na Segunda División na primeira xornada da tempada 1963/64, contra Osasuna. Xogou un total de 25 partidos oficiais co club do barrio bilbaíno de Indautxu, marcando dous goles. En 1964 trasladouse a Ferrol para realizar o servizo militar,[2] e mentres tanto foi cedido ao Racing de Ferrol, de Terceira División,[1] club no que militou dous anos, proclamándose campión da categoría na tempada 1965/66.[3]

Tralo ascenso co equipo galego regresou ao Athletic, co que debutou na Primeira División o 11 de setembro de 1966, na primeira xornada da tempada 1966/67 contra o Atlético de Madrid en San Mamés. Formou na dianteira xunto a Koldo Aguirre, Arieta II, Argoitia e Txetxu Rojo.[4] Xogou 16 partidos esa tempada, na que marcou o seu único gol na máxima categoría, nun partido ante o Sevilla no Ramón Sánchez Pizjuán.[5] No verán volveu vestir a camiseta do Racing de Ferrol para reforzar o club departamental na 22ª edición do Trofeo Teresa Herrera. Marcou un gol na vitoria por 3-0 da final contra o Celta de Vigo, contribuíndo á conquista do título.

Comezou a tempada seguinte como titular, pero sufriu unha lesión na primeira rolda da Copa de Feiras contra o Frem dinamarqués, despois de marcar o único gol do encontro.[6] Non volveu a vestir a camiseta do Athletic ata cinco meses despois, cando reapareceu nun encontro ante o Pontevedra.[7] Ao remate da campaña quedou desvencellado do club vasco e asinou polo Racing de Ferrol.[8]

A súa segunda etapa en Ferrol durou algo máis de catro anos, nos que foi titular indiscutible, disputando máis de 150 partidos oficiais. Militou catro tempadas co club na Segunda División, descendendo ao remate da 1971/72. Comezou a seguinte campaña nas filas do club verde en Terceira, pero a finais de outubro de 1972 foi traspasado ao Cádiz,[9] co que xogou durante os dous seguintes anos en Segunda. A continuación disputou unha última campaña co Racing Portuense antes da súa retirada.

Palmarés editar

Racing de Ferrol

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Wilson, Arroyo y Gorostiola, nuevos fichajes del Racing ferrolano". El Pueblo Gallego (en castelán). 18 de agosto de 1964. p. 11. Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  2. Uvete (30 de agosto de 1964). "Se dice que...". El Progreso (en castelán) (17750). p. 6. Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  3. "El Racing de Ferrol consiguió el ascenso". La Noche (en castelán) (13913). 13 de xuño de 1966. p. 5. Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  4. "At. Bilbao, 1-At. Madrid, 0". El Pueblo Gallego (en castelán). 13 de setembro de 1966. p. 15. Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  5. "Un fallo de los bilbaínos permitió empatar al Sevilla". El Pueblo Gallego (en castelán). 8 de novembro de 1966. p. 16. Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  6. "El Atlético de Bilbao sigue adelante en el torneo". El Pueblo Gallego (en castelán). 21 de setembro de 1967. p. 15. Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  7. "Gran partido del Pontevedra en Bilbao, con reparto de puntos". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de febreiro de 1968. p. 17. Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  8. "Arroyo y Pascual firmaron por el Rácing". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xullo de 1968. p. 10. 
  9. "Arroyo, al Cádiz". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de outubro de 1972. p. 25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar