Indautxu

Coordenadas: 43°15′38″N 2°56′37″O / 43.26056, -2.94361

Indautxu é un barrio do distrito de Abando da cidade de Bilbao. Ten unha superficie de 9,7 km² e unha poboación de 28.276 habitantes (2008).

Situación do barrio na cidade de Bilbao.

Limita ao norte co barrio de Deustuko Doneperiaga, ao oeste con Basurtu ao sur con Ametzola e ao leste con Abando. O barrio está centrado na praza de Indautxu, unha praza grande, nova e reformada baixo a cal hai un pequeno centro comercial e unha estación do metro de Bilbao. O barrio conta con numerosos hospitais e clínicas privadas, a escola dos Xesuítas e o parque Doña Casilda Iturrizar.

O barrio ten o seu propio equipo de fútbol, a Sociedad Deportiva Indautxu, fundado en 1924.