Abando é un barrio do distrito de Abando da cidade de Bilbao. Ten unha superficie de 11,6 km² e unha poboación de 23.407 habitantes (2008).

Modelo:Xeografía políticaAbando
Imaxe

Localización
Mapa
 43°15′41″N 2°55′38″O / 43.26139, -2.92722Coordenadas: 43°15′41″N 2°55′38″O / 43.26139, -2.92722
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaBiscaia
ComarcasGran Bilbao
MunicipioBilbao
Districts of Bilbao (en) TraducirAbando Editar o valor em Wikidata

Limita ao norte co barrio de Deustuko Doneperiaga, ao oeste con Indautxu e Ametzola, ao sur con San Frantzisko e Zazpikaleak e ao leste con Gazteleku. O centro tradicional do barrio son os Xardíns de Albia, onde se situaba a praza maior da elizate de Abando antes de anexionarse a Bilbao.

Mentres que o centro do barrio sempre tivo un uso residencial, coas vivendas máis grandes e caras da cidade, a zona máis próxima á ría tivo un uso exclusivamente industrial. Así, na contorna da ría, a zona de Abandoibarra, predominaron os estaleiros, entre eles o máis importante Estaleiros Euskalduna. Ademais, tamén se situaron aquí outras empresas relacionadas coa construción naval. Hoxe en día, con todo, toda a zona industrial desapareceu, dando paso a unha rexeneración da zona de Abandoibarra e Uribitarte.