ISO (observatorio espacial)
ISO (acrónimo de Infrared Space Observatory) foi un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de novembro de 1995 mediante un foguete Ariane 44P desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][5][6]
ISO / Infrared Space Observatory | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | Axencia Espacial Europea |
Destino actual | Fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 17 de novembro de 1995, 1:20 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Ariane 44P[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica no infravermello.[2][6] |
NSSDC ID | 1995-062A |
Masa | 1800,0 kg en seco, 2500 kg coa carga de helio e hidróxeno líquidos.[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 41.700 km[1] |
Inclinación | 4,9 graos[1] |
Apoapse | 70.186,0 km[1] |
Periapse | 472,3 km[1] |
Características
editarISO foi lanzado para facer observacións astronómicas no infravermello cunha sensibilidade mil veces superior ó do observatorio espacial IRAS grazas á súa capacidade de permanecer observando un mesmo obxecto durante horas. Entre as observacións de interese contábanse as ondas de densidade no medio interestelar e a súa contribución á formación estelar e o estudo dos planetas xigantes, os asteroides e os cometas do sistema solar.[1][2][5][6]
O telescopio de ISO era de tipo Ritchey-Chretien, cunha apertura de 60 cm e un campo de visión de 20 minutos de arco, cunha precisión no apuntado de 5 segundos de arco. Podía observar no rango de lonxitudes de onda entre 2 e 120 micrómetros e os instrumentos estaban refrixerados ata os 1,9 K mediante helio e hidróxeno líquidos. Cada órbita proporcionaba unhas dez horas de observación. Os datos transmitíanse a 44 kbps.[2][5]
ISO foi inxectado nunha órbita inicial de 70.998 km de apoxeo e 990 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 5,2 graos e un período de 1440 minutos. O helio e hidróxeno refrixerantes agotáronse o 8 de abril de 1998, tras do cal algúns instrumentos seguiron observando durante unhas 150 horas ata que a temperatura subeu demasiado. Durante o mes posterior ISO foi usado para facer probas dalgúns dos seus elementos fora do rango normal de condicións de uso e máis tarde baixouse o seu perihelio para asegurarse de que acabará reentrando na atmosfera entre 20 e 30 anos a partir da data en que deixou de funcionar. ISO foi apagado definitivamente o 16 de maio de 1998.[2][5]
Instrumentos
editarISO levaba os seguintes instrumentos a bordo:[5]
- Cámara infravermella (ISOCAM): cámara de alta resolución con dous detectores para lonxitudes de onda entre 2,5 e 17 micrómetros.
- Fotopolarímetro (ISOPHOT): deseñado para medir a cantidade de radiación infravermella emitida polos obxectos astronómicos entre 2,4 e 240 micrómetros.
- Espectrómetro de onda curta (SWS): espectrómetro para o intervalo entre 2,4 e 45 micrómetros para obter información sobre a composición química, densidade e temperatura.
- Espectrómetro de onda longa (LWS): espectrómetro para o intervalo entre 45 e 196,8 micrómetros para obter información sobre a composición química, densidade e temperatura de obxectos moito máis fríos que os que podía observar o SWS, como nubes de po frías interestelares.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ISO" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (27 de marzo de 2013). "ISO" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2013. Consultado o 1 de maio de 2013.
- ↑ "Letter dated 5 March 1996 from the Legal Counsellor of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-81596). 19 de marzo de 1996: 3. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "ISO" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "ISO" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "ISO" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2013.