IRAS (acrónimo de Infrared Astronomical Satellite) foi un observatorio espacial conxunto entre a NASA, os Países Baixos e o Reino Unido, lanzado o 26 de xaneiro de 1983 mediante un foguete Delta 3910 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]

IRAS / Infrared Astronomical Satellite
IRAS co resumo das súas exploracións en distintas lonxitudes de onda.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA / Países Baixos / Reino Unido
Destino actualFóra de servizo.[1]
Data de lanzamento26 de xaneiro de 1983, 2:17 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 3910[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misiónObservación astronómica no infravermello.[2][6]
NSSDC ID1983-004A
Masa1075,9 kg[5]
Datos orbitais
Semieixo maior7271 km[1]
Inclinación99,0 graos[1]
Apoapse912,2 km[1]
Periapse888,2 km[1]

Características editar

IRAS foi lanzado para facer un estudo completo do ceo no rango de lonxitudes de onda do infravermello entre os 8 e os 120 micrómetros. As observación de IRAS aumentaron nun 70% o catálogo de obxectos infravermellos coñecidos no ceo, chegando a detectar 350.000 fontes infravermellas.[1][2][5][6]

IRAS levaba a bordo un telescopio de tipo Ritchey-Chretien refrixerado por helio a unha temperatura de 10 K e que contiña 62 detectores que en conxunto podían observar en bandas centradas en 12, 25, 60 e 100 micrómetros e cunha precisión na localización dos obxectos observados de 0,5 minutos de arco. Tamén levaba un espectrómetro de baixa resolución e un fotómetro para as lonxitudes de onda de 60 e 100 micrómetros.[2][5]

IRAS deixou de funcionar o 21 de novembro de 1983.[2][5]

Os seus datos fixeron posible a descuberta de Faetón.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (27 de marzo de 2013). "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 
  3. "Note verbale dated 25 April 1983 from the Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (83-11557). 10 de maio de 1983: 2. Consultado o 30 de abril de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar