IAR 316

(Redirección desde «IAR 317»)

O IAR 316 é un helicóptero Aérospatiale SA 316B Alouette III fabricado baixo licenza en Romanía por Industria Aeronautică Română (IAR).

IAR 316
Tipohelicóptero utilitario e de adestramento lixeiro
FabricanteIndustria Aeronautică Română
Introducido1971
Produción1971-1987
Unidades construídas250

Desenvolvemento editar

IAR comezou a fabricar o IAR 316 en 1971 na súa planta preto de Brașov, Romanía. A produción rematou en 1987. Fabricáronse 250 unidades, 125 das cales foron para as forzas armadas romanesas que aíndan as usan no presente como adestradores. Algúns IAR 316 foron operados en roles civís tanto e Romanía como noutros países a onde se exportou o modelo, como Paquistán, Angola e Guinea. O IAR 316 foi modificado para poder levar armas máis comúns no bloque oriental, como foguetes de 57 mm, metralladoras de 7,62 mm, e mísiles anti-carro. Un dos primeiros exemplares foi exhibido no Paris Air Show en xuño de 1973.

IAR 317 editar

O 317 foi un intento de IAR de facer un helicóptero de ataque á parte do IAR 316. Equipado co mesmo motor turboeixo Turbomeca Artouste IIIB fabricado baixo licenza, o IAR 317 contaba cunha cabina blindada en tándem para o piloto e o artilleiro. A pluma de cola e a fuselaxe traseira eran case idénticas ás do 316. Montáronse píos nos dous lados da fuselaxe para levar armas como foguetes, metralladoras ou mísiles. Foi chamado Airfox aínda que finalmente só se construíu un prototipo que participou no Paris Air Show de 1985.