Industria Aeronautică Română

Industria Aeronautica Româna (IAR), no presente IAR S.A. Brașov, é un fabricante aeroespacial romanés fundado no ano 1925.[1] Baseada en Ghimbav, preto de Brașov, a compañía emprega a 1 200 especialistas, incluídos máis de 170 enxeñeiros. Realiza actualizacións e revisións en helicópteros e avións lixeiros.[2]

Industria Aeronautica Româna
Fundación1925
LocalizaciónBrașov, Romanía
Industriaaeroespacial
Na rede
http://www.iar.ro
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Para asegurar que a Real Forza Aérea de Romanía (Aeronautica Regală Română ou ARR) tivese unha subministración de avións sen depender de produtores estranxeiros o goberno romanés subvencionou a creación de tres grandes fabricantes aeronáuticos no período de entreguerras. O primeiro foi Societatea pentru Exploatări Tehnice (SET), fundado en Bucarest en 1923. Despois creouse IAR en Brașov no ano 1925. Finalmente apareceu Întreprinderea de Construcții Aeronautice Românești (ICAR), nacido en Bucarest en 1932 cunha fábrica en Brașov coñecida como ICA-Brașov (Întreprinderea de Construcții Aeronautice - Brașov).

Un dos enxeñeiros que deseñaron avións para IAR a principios dos anos 30 foi Elie Carafoli, un pioneiro no campo da aerodinámica.

Durante a segunda guerra mundial os cazas IAR 80 e IAR 81 foron deseñados e producidos nas instalacións da compañía.[1]

En 1945 e 1947, baixo a coordinación dos enxeñeiros Radu Manicatide e Radu Mărdărescu, IAR desenvolveu un microcoche, chamado M.R., e un coche, o IAR-22.[3]

Dende o ano 1968 IAR fabricou máis de 370 helicópteros (IAR 316 e IAR 330), 830 planadores, e 140 avións.

No ano 2000 IAR creou, co Eurocopter Group, Eurocopter Romania, mantendo o 49% das súas accións.[4][5]

En novembro de 2015 Airbus Helicopters investiu 52 millóns de euros nunha fábrica para producir o H215M, agardando un pedido de 16 unidades do goberno romanés para aumentar a produción do renomeado Super Puma AS332.[6]

Produtos editar

 
IAR CV-11
 
IAR 22
 
IAR 80

Orixinais editar

  • IAR CV 11 - prototipo de caza.
  • IAR-12 - prototipo de caza/adestrador.
  • IAR-13 - prototipo de caza/adestrador.
  • IAR 14 - caza/adestrador.
  • IAR-15 - caza.
  • IAR-16 - prototipo de caza.
  • IAR-22 - adestrador.
  • IAR-23 - avión multipropósito lixeiro.
  • IAR-24 - versión modernizada do IAR-23.
  • IAR 27 - adestrador.
  • IAR 36 - avión de pasaxeiros.
  • IAR 37 - recoñecemento e bombardeiro lixeiro.
  • IAR 38 - variante do IAR 37.
  • IAR 39 - variante do IAR 37.
  • IAR 47 - prototipo de avión de recoñecemento e bombardeiro lixeiro.
  • IAR 79 - bombardeiro.
  • IAR 80 - caza.
  • IAR 81 - variante do IAR 80.
  • IAR-471 - prototipo de avión de ataque ao chan.

Fabricados baixo licenza editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Industria Aeronautica Romana IAR 80 & 81". Century of Flight. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. "Romania-Aviation Industry". country-data.com. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  3. "Din Istoria Automobilului". Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  4. "Signature marks to the Go Ahead For Eurocopter Romania". Eurocopter. Archived from the original on 15 de marzo de 2012. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  5. "EC Romania". Eurocopter. Archived from the original on 18 de setembro de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  6. "Airbus's big plan to revive the Romanian rotorcraft sector". FlightGlobal. Consultado o 29 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar