Turbomeca Artouste

O Turbomeca Artouste é un motor turboeixo francés desenvolvido no ano 1947. Orixinalmente foi concibido como unha unidade de potencia auxiliar (APU) pero ao pouco tempo foi adaptado para a propulsión de aeronaves e atopou un nicho como planta de potencia para helicópteros nos anos 50. O Artouste foi fabricado baixo licenza por Bristol Siddeley (anteriormente Blackburn) no Reino Unido, Hindustan Aeronautics Limited na India, e foi desenvolvido por Continental CAE nos Estados Unidos como o Continental T51. A súa potencia atópase normalmente no rango dos 400 CV.

Turbomeca Artouste
Artouste IIIB
Tipoturboeixo
FabricanteTurbomeca
Primeiro encendido1947
Principais aplicaciósAérospatiale Alouette II
Aérospatiale Alouette III
Desenvolvido enContinental T51