Hyacinthe Rigaud
Hyacinthe Rigaud, de nome completo Híacint Francesc Honrat Mathias Pere Martyr Andreu Joan Rigau, nado en Perpiñán o 20 de xullo de 1659 e finado en París o 27 de decembro de 1743, foi un pintor francés.
Hyacinthe Rigaud | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jacint Rigau-Ros i Serra |
Nacemento | 18 de xullo de 1659 e 1659 |
Lugar de nacemento | Perpiñán |
Falecemento | 29 de decembro de 1743 e 1743 |
Lugar de falecemento | París |
Nacionalidade | Reino de Francia e Principado de Cataluña |
Etnia | Pobo francés e Pobo catalán |
Ocupación | pintor, portraitist e architectural draftsperson |
Cónxuxe | Élisabeth de Gouy |
Irmáns | Gaspard Rigaud |
Coñecido por | Le prévôt et les échevins de la ville de Paris délibérant d'une fête en l'honneur du dîner de Louis XIV à l'hôtel de ville après sa guérison en 1689, Portrait of d'Anne-Jules de Noailles e Portrait of Everhard Jabach |
Premios | sen etiquetar |
Na rede | |
http://www.hyacinthe-rigaud.com/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Perpiñán, cidade da Cataluña setentrional, que nese ano pasou a dominio de Francia poucos meses despois do seu nacemento, polo Tratato dos Pireneos (7 de novembro de 1659).
Fillo dun xastre e pintor, Matías Rigau, e de María Serra, Hyacinthe debeu ter unha formación artística inicial no seo da propia familia. Á morte do pai, pechou contrato cun dourador, mais axiña pasou para Montpellier no ano 1671. Alí sábese que entrou no obradoiro de Mr. Pezet, porén a crítica considera que este era un pintor mediocre, do que non podía recibir demasiado. Cóidase, porén, que Rigaud fixo boas relacións cunha serie de artistas locais cos que debeu aprender moito máis: Sébastian Bourdon, Samuel Boissière, Jans Zueil -un flamengo que mantiña influencias de Rubens e Van Dyck- ou Antoine Ranc o vello (1634-1716). Rigaud estivo catro anos en Montpellier. Pasou desde aí para Lión, aínda que se coñece pouco da súa estada lionesa.
En ParísEditar
En 1681 Rigaud decidiu pasar a París. Decidido a medrar presentouse á Academia Real de Pintura e Escultura, que controlaba as actividades artísticas na cidade. Non dubidou en se presentar a un concurso amparado pola dita institución e, no ano seguinte, 1682, gañou o prestixioso Prix de Rome, bolsa de estudo que permitía efectuar unha estada na Academia de Francia na cidade eterna.
Á volta tornouse o máis importante retratista da corte de Luís XIV de Francia: a súa habilidade para plasmar poses impoñentes e grandiosas presentacións achaba o favor das personalidades da familia real, de embaixadores, de eclesiásticos, de cortesáns e dos grandes negociantes que pousaron para el.
Os seus retratos son hoxe moi prezados como fonte da historia do traxe e da moda, porque, alén da semellanza fisiognómica, fornecen detalles do vestido e do coidado persoal.
A obra máis célebre de Rigaud é, sen dúbida, o retrato oficial do rei Luís XIV (1701), conservado no Museo do Louvre de París (unha copia, realizada polo artista, atópase no Palacio de Versailles). En 1709 entrou a formar parte da nobreza da súa cidade natal, Perpiñán, e no 1727 foi nomeado cabaleiro da Orde de San Miguel.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hyacinthe Rigaud |