Hoplocáridos

subclase de crustáceos
(Redirección desde «Hoplocarida»)
Hoplocáridos
Hoplocarida

Odontodactylus scyllarus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Subclase: Hoplocarida
Calman, 1904
Ordes
Véxase o texto

A dos hoplocáridos (Hoplocarida) é unha subclase de crustáceos da clase dos malacostráceos.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

A subclase foi descrita en 1904 polo zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía, William Thomas Calman.[1][2]

Orde editar

A subclase só comprende unha única orde actual:[1][3][4]

Porén, existíron outras dúas ordes no Paleozoico: Aeschronectida e Palaeostomatopoda.[5]

Características editar

O grupo dos hoplocaridos caracterízase pola diferenciación do primeiro par de apéndices articulados do pereion (pereiópodos) chamados vulgarmente "patas secuestradoras". Unha segunda característica importante é que o pereion que non está cuberto cunha casca continua. Só os primeiros 3 metámeros do perion están soldados dorsalmente. Estes metámeros soldados forman unha placa dorsal, os outros permanecen libres (polo tanto, o perion está parcialmente segmentado dorsalmente).

A subclase dos hoplocéridos é coñecida polos seus principais representantes, as galeras pertencentes ao xénero Squilla. Son grandes depredadores, que viven exclusivamente nos hábitats mariños. No Mediterráneo, a especie máis común é Squilla mantis.

As patas secuestradoras editar

O par de "patas secuestradoras" xorde da diferenciación do primeiro par de apéndices articulados do pereion. Estes órganos teñen a aparencia de "anzois" que os hoplocárides usan para depredar. Son capaces de golpear con forza con elas, atontando ás súas presas por pouco tempo. Posteriormente, utilizan este par de patas modificado para inmobilizar ás súas presas evitando que fuxan.

As "patas secuestradoras" non son exclusivas dos hoplocáridos. Tamén se presenta noutros grupos e refírese máis xeralmente a un par de apéndices modificados en forma de "gancho" usado para a depredación. É o caso da Mantis religiosa (dictióptero), de Mantispa styriaca (neuróptero) ou de Nepa cinerea (hemíptero), que teñen tamén hábitos depredadores.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Hoplocarida Calman, 1904 no WoRMS. Consultado o 28 de febreiro de 2021.
  2. H. Graham Cannon (1953). "William Thomas Calman. 1871–1952". Obituary Notices of Fellows of the Royal Society (The Royal Society) 8 (22): 355–372. JSTOR 769215. doi:10.1098/rsbm.1953.0003. 
  3. Hoplocarida no ITIS. Consultado o 28 de febreiro de 2021.
  4. Stomatopoda Latreille, 1817 no WoRMS. Consultado o 28 de febreiro de 2021.
  5. Ronald A. Jenner, Cees H. J. Hof & Frederick R. Schram (1998). "Palaeo- and archaeostomatopods (Hoplocarida: Crustacea) from the Bear Gulch Limestone, Mississippian (Namurian), of central Montana". Contributions to Zoology 67 (3): 155–186. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 28 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar