Abrir o menú principal

O pereion é un tagma ou rexión do corpo dos crustáceos, que está formado polo conxunto de toracómeros (segmentos do tórax) libres, non fusionados coa cabeza.[1][2]

EtimoloxíaEditar

Pereion é un termo do latín científico tirado do grego antigo περαιων pereiôn, "que atravesa", derivado de περαιόω pereióō "atravesar", "facer pasar".

EstruturaEditar

 
Esquema do corpo dun malacostráceo con todos os segmentos torácicos libres, de modo que o tórax e o pereion son equivalentes.

Os metámeros ou segmentos que integran o pereion reciben o nome de pereionitos ou pereiómeros, e os seus apéndices denomínanse pereiópodos, isto é, "patas do pereion".[3]

Os termos pereion e tórax son similares, pero poden non ser equivalentes en todos os casos porque os primeiros segmentos torácicos teñen tendencia a fusionarse coa cabeza, formando o cefalotórax; así, o termo pereion resérvase para o conxunto de segmentos libres.

Por exemplo, os malacostráceos teñen un tórax formado por 8 segmentos ou toracómeros, dos cales 0, 1, 2 ou 3 fusiónanse coa cabeza e os seus apéndices respectivos transfórmanse en maxilípedos (patas con funcións tróficas). Así, a pesar de que todos os malacostráceos teñen 8 segmentos torácicos, o seu pereion pode ter 8, 7, 6 ou 5 segmentos ou pereionitos.

NotasEditar

  1. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid. ISBN 0-87893-097-3.
  2. Crustacea Glossary Natural History Museum of Los Angeles County. (en inglés).
  3. De pereio- e -podo do grego πούς, ποδός poús, podós "pé".