Hildegart Rodríguez Carballeira

política española
(Redirección desde «Hildegart»)

Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro. Con tres anos escribía e con oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de Dereito con 17 anos e foi membro activa do PSOE e despois do Partido Republicano Democrático Federal. Cando comezaba a ser coñecida a nivel internacional, ante o intento de separarse do proxecto que a súa nai tiña para ela, o 9 de xuño de 1933 a nai matouna de catro disparos mentres durmía. Tiña entón 18 anos e estaba a estudar medicina.[1] Era curmá do tamén neno prodixio Pepito Arriola.

Infotaula de personaHildegart Rodríguez Carballeira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 1933 Editar o valor em Wikidata (18 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo e infanticídio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central
Instituto Cardenal Cisneros Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneducadora sexual (pt) Traducir , avogada , tradutora , política , sexóloga Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Partido Republicano Democrático Federal Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua inglesa, lingua alemá, lingua italiana, lingua portuguesa, Grego antigo e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
NaiAurora Rodríguez Carballeira Editar o valor em Wikidata
ParentesPepito Arriola (curmán) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Infancia editar

Hildegart foi concibida en Ferrol pola socialista Aurora Rodríguez Carballeira e un home escollido por súa nai unicamente para ese fin. O pai biolóxico de Hildegart resultou ser un sacerdote castrense de Lleida chamado Alberto Pallás Montseny.[2] Cando estivo embarazada mudouse a Madrid, onde naceu Hildegart no número 3 da rúa Juanelo. Malia súa nai ser atea militante, foi bautizada o 23 de marzo de 1915. Aurora tamén pensaba que os nenos non debían ser inscritos no rexistro, aínda así fíxoo o 29 de abril do mesmo ano. Até os 4 anos visitouna o seu pai, ata que Aurora comezou a sospeitar da súa influencia e prohibiullo.

Na súa partida de nacemento consta como Hildegart Leocadia Georgina Hermenegilda María del Pilar Rodriguez Carballeira, aínda que só usou o primeiro dos nomes. A súa nai sempre dixo que Hildegart significaba "xardín de sabedoría" en alemán, pero nada xustifica esa afirmación. En realidade é unha invención ou unha versión mal escrita do nome alemán Hildegard, que significa "virxe heroica, que dá abeiro na batalla".

Activista editar

Desde moi nova militou activamente no PSOE e na UGT. Tiña un amplo apoio entre as bases, aínda que a cúpula intentaba minimizar a súa presenza pública. Foi expulsada do partido pola publicación en 1932 dunha carta no xornal La Libertad en que criticaba duramente unha posíbel alianza do PSOE cun candidato reaccionario. Tras disto converteuse en membro do Partido Republicano Democrático Federal e nunha fervente crítica dos "socialenchufistas".

A Revolución Sexual editar

 
Imaxe do xuízo a Aurora Rodríguez Carballeira polo asasinato da súa filla[3]

Hildegart foi moi activa no movemento pola reforma sexual e a euxenesia na España do seu tempo. Estivo conectada coa vangarda europea no tema e mesmo mantivo correspondencia co sexólogo británico Havelock Ellis, de quen era tradutora. Cando se fundou a Liga Española pola Reforma Sexual, presidida polo doutor Gregorio Marañón, ela foi escollida secretaria. Publicou moitos textos, entre eles a monografía La Revolución Sexual que vendeu 8.000 exemplares só en Madrid na semana da súa publicación. Mantivo unha extensa correspondencia con personalidades europeas da época, entre eles con H.G. Wells, a quen acompañou cando este visitou Madrid. A pretensión de levar a Londres a Hildegart como secretaria súa, coa intención de que se separase de súa nai e desenvolvese o seu potencial, provocou as paranoicas conspiracións en Aurora.

Asasinato editar

No tempo apareceron diferentes teorías sobre o asasinato de Hildegart, entre elas unha suposta relación sentimental con Abel Vilella. O que parece máis probábel, e coincide co relato da súa nai, é que a deterioración da relación entre ambas era profunda, principalmente polo avance da paranoia da nai. Hildegart intentou varias veces separarse dela, ao que a nai respondía con ameazas de suicidio. Cando viu que a súa filla se apartaba do proxecto que trazara para ela, decidiu destruíla: "O escultor, despois de descubrir a mínima imperfección na súa obra, destrúea".[4] Pola noite, mentres Hildegart durmía, disparoulle tres tiros na testa e un no corazón. Aurora Rodríguez foi xulgada e condenada a 26 anos, 8 meses e un día no cárcere. Pasou dous anos no hospital psiquiátrico de Ciempozuelos, onde finalmente morreu.[5]

Obras editar

 
Exemplar da Educación Sexual de Hildegart. 1931
  • Educación sexual (1931), Gráfica Socialista, Madrid
  • La rebeldía sexual de la juventud (1931) Madrid: Javier Morata. Reeditado con prólogo de Eduardo de Guzmán. Editorial Anagrama, Barcelona, 1977. ISBN 84-339-1302-6.
  • Profilaxis Anticoncepcional (1931), Valencia
  • Malthusimo y neomalthusismo (1932), Madrid
  • Cómo se curan y cómo se evitan las enfermedades venéreas (1932), Valencia
  • ¿Se equivocó Marx? (1932), Madrid, Edición Novela Proletaria
  • ¿Quo vadis, burguesía? (1932), Madrid, Edición Novela Proletaria
Edicións póstumas

Obras inspiradas na súa vida editar

Novela editar

  • Aurora de sangre (Vida y muerte de Hildegart), Eduardo De Guzmán 1972, Editorial Mundo Actual.
  • Aurora de sangre o la virgen roja, Rafael Azcona Jet Films 1977. Guión do filme de Fernán Gómez baseado na novela de Eduardo de Guzmán
  • Auroras Anlaß, Erich Hackl, Zürich, 1987
  • La virgen roja, Fernando Arrabal, Barcelona, Seix Barral, 1987.

Cinema editar

  • Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977)
  • The red virgin (2014), dirixida por Sheila Pye.[6]
  • Hildegart oder Projekt: Superwoman (2016), dirixida por Barbara Caspar.[7]

Notas editar

  1. "La increíble historia de Hildegart y su madre desalmada". Elmundo.es (en castelán). 1/12/2006. 
  2. Irene Ramírez de Arellano (7 de febreiro de 2018): La mujer española 'creada' y asesinada por su madre por no ser perfecta, en vice.com
  3. Fraga, Xesús (7/10/2021). "Juan Durán converte nun ballet a traxedia de Hildegart" La Voz de Galicia (en castelán)
  4. "Horrible parricidio en la calle de Galileo". El Heraldo de Madrid (en castelán).
  5. "Hildegart Rodríguez Carballeira" (28/3/2013). Mujeressinfonterasysinbozal.blogspot.com.es (en castelán).
  6. The red virgin en Vimeo
  7. "Hildegart oder Projekt: Superwoman". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2017. Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar