Pepito Arriola

pianista español

José Rodríguez Carballeira, nado en Betanzos o 14 de decembro de 1895 e finado en Barcelona o 24 de outubro de 1954, foi un músico galego. Destacou fundamentalmente como pianista, pero tamén como compositor e violinista.

Pepito Arriola
Nome completoJosé Rodríguez Carballeira
AlcumePepito Arriola
Nacemento14 de decembro de 1896
Lugar de nacementoBetanzos
Falecemento24 de outubro de 1954
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpianista e compositor
Na rede
Musicbrainz: fef9aaeb-94cd-4a50-bd0a-42ff0871dde2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Pepito Arriola (1901)

Fillo de Josefa Rodríguez Carballeira, nai solteira. Foi inscrito no rexistro en Betanzos cos apelidos de súa nai ao non ter pai coñecido. Porén, sempre o chamaron polo segundo apelido do avó materno, de orixe vasca. Cando súa nai marchou a Madrid quedou ao cargo da irmá desta, Aurora Rodríguez Carballeira (nai de Hildegart, curmá de Pepito), quen o educou.

Tras descubrir as súas habilidades, a nai levouno a Madrid a comezos de novembro de 1899, onde comezou unha fulgurante carreira como neno prodixio tocando o piano. O seu primeiro recital foi o 4 de decembro de 1899 na casa dos señores Montano, ao que asistiron unhas 300 persoas. O programa incluíu a Marcha Real e a Alborada de Pascual Veiga. Tocou no Ateneo o 2 de febreiro de 1900 e ese mesmo ano deu un concerto con seis obras de seu no Palacio Real. A raíña amadriñou o neno e pagou os seus estudos musicais.

A nai e o rapaz trasladáronse a Alemaña en 1902. Arriola estudou no conservatorio de Berlín con Richard Strauss e tocou coa Orquestra Filharmónica de Berlín baixo a dirección de Nikisch. Foi elixido pianista da corte de Guillerme II.

Deu xiras por todo o mundo con enorme éxito, tocou nos Estados Unidos (na Metropolitan Opera e no Carnegie Hall, entre outros) e realizou unha extensa xira por Cuba en 1910. Foi unha das grandes figuras da música alemá da época.

En 1946 tivo que volver a España, onde xa non volveu ter éxito. Morreu na miseria, aos cincuenta e nove anos de idade, nun apartamento alugado na rúa Sans de Barcelona.

Obra editar

  • Aurora, habanera (piano) 1898
  • Impresiones argentinas (piano), publicadas en "Mundial Música, ano I, nº 8-9 (agosto-setembro 1916), 1916
  • Hommage à Manuel de Falla/Homenaxe a Manuel de Falla (piano), 1942

Postumamente descubríronse 11 obras escritas en Barcelona tras o seu regreso:

 
Imaxe da Rondalla Airiños da Miña Terra de Ferrol, da que Pepito foi parte
  • Divertimento concertante para 2 pianos e orquestra de cordas con frauta obrigada, 1946
  • Tres textos cervantinos para voces e orquestra (: 2333-4231-Tp.-Cordas), 1946
    • I: "Aqui lloró Don Quijote", para Soprano, Contralto, Barítono e Baixo.
    • II: "Mal me guardaréis", para Soprano
    • III: "Marinero soy de amor", para Barítono
  • Tres textos cervantinos, redución para 2 pianos, 1947
  • Concerto para corno (trompa) e orquestra (: 2022-0000-Tp.-Cordas), 1948
  • Schlichte Weise para violín e piano, 1948
  • Song para Soprano e piano (texto de Christina Georgina Rossetti), 1948
  • Don Quixote in DM, 1949
  • Seis poesías de Antonio Machado para Baritono e orquestra (: 2222-4231-Tp., perc.-Cordas), 1949
  • Cuarteto en Dó maior para cordas, 1949
  • Pequena serenata para cello e piano, 1951
  • Concertino para piano e orquestra (: 2332-4131-Tp.-Cordas), 1953

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar