Hixinio Ameixeiras

xornalista galego
(Redirección desde «Higinio Ameijeiras»)

Higinio Víctor Ameijeiras Varela, nado en Ferrol, foi un xornalista galego.

Hixinio Ameixeiras
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoFerrol
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Inspector xeral do Norte de La Ganadera Española. Masón. Presidente do Grupo esperantista do Barco de Valdeorras (1906) e posteriormente secretario do de Ourense. Creou a festa dos nenos pobres nos Reis de 1907, revitalizou a Festa dos Maios convocando un concurso en 1909, e dirixiu Ecos de Orense (1910-1911). Foi o principal promotor das Festas do Corpus, a través da Liga de Amigos. Foi presidente da Irmandade da Fala de Ourense e o primeiro director de O Tio Marcos d'a Portela, cesando como director en xuño de 1917.[1] En 1918 participou en mitins rexionalistas con Otero Pedrayo, Arturo Noguerol e Antón Losada Diéguez.[2]

Obras editar

Publicou en 1917, na imprenta-papelería de La Región, o parrafeo cómico-costumista De Conversa.[3] Foi estreada por Toxos e Froles no Salón Apolo de Ourense o 8 de xuño dese ano.[4]

Vida persoal editar

Casou na Coruña con Adela Ferrer Lacaba en 1902.

Notas editar

  1. El Progreso, 16-6-1917, p. 3.
  2. El Correo de Galicia, 22-1-1918, p. 2.
  3. Universitat de Barcelona, ed. (1995). Eduardo Blanco Amor e o teatro. p. 64. ISBN 84-475-1060-3. Consultado o 26 de decembro de 2014. 
  4. Tato Fontaíña, Laura; O teatro galego e os coros populares (1915-1931)