Ecos de Orense
Ecos de Orense foi un periódico editado en Ourense entre 1910 e 1911.
Ecos de Orense | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu a principios de xullo de 1910.[1] Foi bisemanario e logo semanario. De tendencia católica, estaba promovido por Arturo Salgado Biempica e dirixido por Higinio Ameijeiras. Entre os seus colaboradores figuraron José Fernández Gallego e Marcial Ginzo Soto. En abril de 1911 anunciou a suspensión temporal para converterse en diario.[2] Non hai novas sobre esa saída como diario.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. p. 155. ISBN 84-505-5721-6.