Hermann de Reichenau

Hermann de Reichenau (tamén chamado Hermannus contractus ou Hermannus Augiensis), nado en Altshausen, na actual Alemaña, o 18 de xullo de 1013 e finado na abadía bieita de Reichenau o 24 de setembro de 1054, foi un estudoso do século XI, compositor e teórico musical, matemático e astrónomo. Hermannus foi fillo do duque de Altshausen. Prexudicado por unha enfermidade que o deixou paralítico desde a infancia, pasou a maior parte da súa vida na abadía de Reichenau, unha illa no lago Constanza. Hermannus contribuíu ás catro artes do quadrivium. Era coñecido como compositor musical, mais tamén escribiu un tratado sobre a ciencia da música, varias obras sobre xeometría e aritmética e tratados astronómicos (incluíndo instrucións para a construción dun astrolabio).

Infotaula de personaHermann de Reichenau

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Hermann von Reichenau Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1013 Editar o valor em Wikidata
Altshausen (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte24 de setembro de 1054 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Abbey of Reichenau (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Abade Abbey of Reichenau (en) Traducir
1048 – 1054 (morte)
← Berno de Reichenau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, historia, astronomía, música sacra (pt) Traducir, chronicle writing (en) Traducir, astroloxía e teoría musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , astrólogo , historiador , escritor , poeta , astrónomo , musicólogo , matemático , teórico da música , cronista Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica medieval (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosBerthold of Reichenau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa24 de setembro Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisWolfrad II Graf von Aleshausen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hiltrude von Trauchburg und Saulgau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsWerinharius (Werner) von Veringen (en) Traducir e Manegold II Graf von Alshausen und Isinum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: acd1c707-20bd-4697-a74f-2c3a54200692 Discogs: 833313 IMSLP: Category:Hermannus_Contractus Editar o valor em Wikidata
Hermann de Reichenau, á dereita, cun astrolabio

Como historiador, escribiu unha crónica detallada dende o nacemento de Cristo ata o seu tempo, compilando por primeira vez os acontecementos do primeiro milenio despois de Cristo espallados en varias crónicas nun único traballo, ordenándoas despois do cómputo da era cristiá. O seu discípulo, Berthold, foi o seu continuador.

Foi beatificado en 1863.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar