Hermópole ou Hermópole Magna era no Antigo Exipto un dos lugares primixenios no mito da creación.

Modelo:Xeografía políticaHermópole Magna
Imaxe

Localización
Mapa
 27°46′28″N 30°48′04″L / 27.774439, 30.801111
EstadoExipto
GobernaciónMinya (pt) Traducir
Markas of Egypt (en) TraducirMallawi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude44 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Etimoloxía

editar

O nome exipcio, Khemenu, significa "a vila dos Oito", en referencia á Ogdóada. O nome grego de Hermópole provén do deus Hermes, a quen os gregos asociaran co deus tutelar da vila, Thot (Djehuti en exipcio), divindade da sabedoría e cultivador da escrita.

Características

editar

Hermópole situábase a uns 300 km ao sur do Cairo, onde hoxe se ergue al-Ashmunein. Non é unha visita turística moi frecuentada, xa que só fican catro estatuas de calcaria de babuínos, o animal de Thot, diante do templo demolido, e un museo ao ar libre que reúne diversos vestixios de todas as épocas que foron achados nas proximidades. Consérvase unha ágora helenística.

As ruínas do templo principal dedicado a Thot datan do Imperio Novo e contan dun pilono e dos restos de salas e de columnatas. Existiu un templo dedicado a Amón no interior do recinto principal. Na baixa época -en concreto durante a dinastía tolemaica e logo durante a romana- a vila rexurdiu por causa da popularidade do culto a Thot, que os gregos asimilaran ao de Hermes. Posteriormente, a cidade converteuse na sé dun bispo durante a época cristiá. Fican vestixios importantes do foro e da basílica romanas, así como restos das vías principais, entre as que salienta a que levaba a Antinoe e que fundara Hadriano no século II.

A doce quilómetros ao oeste, alén de Bahr Yusuf, comeza o deserto. Alí se atopan as necrópoles de Tuna al-Gebel.