Abrir o menú principal

Heinrich Wölfflin (21 de xuño de 1864 - 19 de xullo de 1945) foi un soado crítico da arte suízo, considerado como un dos mellores historiadores de arte de toda Europa.

Heinrich Wölfflin
Heinrich Wölfflin Dührkoop.jpg
Nacemento21 de xuño de 1864
 Winterthur
Falecemento19 de xullo de 1945
 Zúric
NacionalidadeSuíza
Ocupaciónhistoriador da arte, historiador e catedrático de universidade
PaiEduard Wölfflin
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, Honorary doctor of the Humboldt University of Berlin e honorary doctor of the University of Zurich
editar datos en Wikidata ]

Definiu a historia da arte como unha historia independente do contexto social, económico ou relixioso a través do renacemento (século XVI) e o Barroco (século XVII). Analizou as diferenzas destes dous estilos insistindo en que a finais do século XVII produciuse unha mudanza semellante mais de sentido inverso, unha "volta atrás".

Entre os seus alumnos destácanse os historiadores Rudolf Wittkower e Sigfried Giedion e o escultor Naum Gabo.

O Barroco segundo WölffinEditar

Wölffin, define o Barroco por cinco trazos característicos:

  • A procura do movemento real, polo feito de que se constrúan edificacións con paredes onduladas e tamén a procura do imaxinario, polo feito de que se pinten personaxes quen de accións violentas.
  • Intento de suxerir o infinito. Este aspecto amósase claro no lago de Versalles. Neste estilo o camiño pérdese no horizonte.
  • A importancia da luz e dos seus efectos.
  • O gusto pola teatralidade, polo escenográfico e fastuoso.
  • A tendencia a mesturar as disciplinas artísticas.

ObrasEditar

As súas obras máis notables son:

  • Conceptos fundamentais para a historia da arte (1915)
  • Renacemento e Barroco (1888)
  • A arte clásica (1899)
  • Prolégomènes à une psychologie de l'architecture (1886).