Abrir o menú principal

Hawker Siddeley foi un grupo de fabricantes británicos dedicados á produción de avións. Hawker Siddeley combinaba o legado de distintos fabricantes, emerxendo tras unha serie de fusións e compras como unha das dúas principais compañías produtoras de aeronaves do país nos anos 60. En 1977, Hawker Siddeley foi nacionalizada e fusionouse con British Aircraft Corporation (BAC) e Scottish Aviation para formar British Aerospace.

Hawker Siddeley Group Limited
Fundación1934
FundadorHarry Hawker, J. D. Siddeley e Thomas Sopwith
Industriaaeroespacial
enxeñería
Produtosaeronaves
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

OrixesEditar

Hawker Siddeley Aircraft naceu no ano 1935 como resultado da compra por parte de Hawker Aircraft das compañías de John Davenport Siddeley, a fabricante de coches e motores Armstrong Siddeley e a de avións Armstrong Whitworth Aircraft.[1] Nese momento Hawker Siddeley tamén mercou A.V. Roe & Company (Avro), Gloster Aircraft Company (Gloster) e Air Training Services. As compañías que formaban parte da compañía continuaron producindo os seus propios deseños de avións baixo o seu propio nome, ademais de compartir traballos de fabricación dentro do grupo.

Durante a segunda guerra mundial Hawker Siddeley foi unha das compañías de aviación máis importantes do Reino Unido, producindo numerosos deseños como o famoso caza Hawker Hurricane que, xunto co Supermarine Spitfire, formou parte da primeira liña de defensa na Batalla de Inglaterra. Durante esta campaña os Hurricanes superaban en número a todos os demais cazas británicos en servizo xuntos e foron os responsables de derrubar o 55% de todos os avións inimigos destruídos.

Avro CanadaEditar

En 1945 Hawker Siddeley mercou a compañía de Ontario Victory Aircraft ao goberno canadense, rebautizándoa como A.V. Roe Canada, comunmente coñecida como Avro Canada. Inicialmente foi unha subsidiaria de Hawker Siddeley.[2] Avro Canada experimentou unha gran expansión grazas ao desenvolvemento de avións e á compra de motores de aviación, minería, aceiro, material rodante ferroviario, ordenadores, electrónica e outros negocios ata converterse en 1958 na terceira compañía máis grande do Canadá, empregando directamente a unhas 14 000 persoas e proporcionando o 45% dos ingresos da súa compañía nai.[3] Durante o tempo que estivo operativa, Avro Canada fabricou os avións C102 Jetliner, CF-100 Canuck, CF-105 Arrow e VZ-9- AV Avrocar. Só o caza CF-100 entrou en produción a gran escala.[2] Outros proxectos non construídos incluían un transporte supersónico, avións de pasaxeiros, un caza VTOL de mach 2, hovercrafts, un carro de combate impulsado por reactores e o Space Threshold Vehicle hipersónico.[4] Tras a cancelación do Arrow a compañía comezou a desfacerse. En 1962 A.V. Roe Canada foi disolta e os activos restantes foron transferidos a Hawker Siddeley Canada.[2]

PosguerraEditar

En 1948 o nome da compañía cambiou a Hawker Siddeley Group. A división de avións converteuse en Hawker Siddeley Aviation (HSA) e a de mísiles guiados e tecnoloxía espacial en Hawker Siddeley Dynamics (HSD). Nese mesmo ano Hawker Siddeley mercou nha fábrica en Kingston upon Thames, Surrey, que se converteu na súa sede e na súa principal fábrica de avións.[5]

En 1959 a división de motores de aviación, Armstrong Siddeley, fusionouse con Bristol Aero Engines para formar Bristol Siddeley. A finais da década dos 50 o goberno británico decidiu que, coa desminución do número de contratos que se ofrecían, era mellor fusionar as compañías que existían (unhas 15 nese momento) para formar outras máis grandes. Desa decidión xurdíu a "orde" de que todos os contratos futuros ofrecidos terían que incluír acordos para fusionar compañías. En 1959 Folland Aircraft foi mercada, á que lle seguiron de Havilland Aircraft Company e Blackburn Aircraft en 1960. En 1963 os nomes das empresas constituíntes elimináronse e os produtos pasaron a ter a marca "Hawker Siddeley" ou "HS". Neste período a compañía desenvolveu o seu primeiro VTOL operacional, ademais de ser o máis exitoso deste tipo de aparellos, o Harrier. Este avión continuou producíndose ata os anos 90 e no presente aínda está en servizo.

FerrocarrísEditar

En 1957 Hawker Siddeley mercou o grupo de compañías Brush, que incluía a Brush Electrical Machines e Brush Traction, que fabricaba equipos electromotrices e locomotoras. Os prototipos das locomotoras Falcon e a futurista pero demasiado pesada HS4000 'Kestrel' foron fabricadas alí. Tamén se mercaron outros activos de enxeñaría ferroviaria, como Westinghouse Brake & Signal[6] e o fabricante de motores Mirrlees Blackstone, que chegou cos negocios de Brush.[7]

A principios dos 70 a subsidiaria de Hawker Siddeley Canada Car and Foundry comezou a fabricar vehículos de tránsito rápido para o mercado norteamericano. O primeiro pedido foi para a liña Port Authority Trans-Hudson e estaba formado por 46 coches PA-3 cos números 724-769, que estaban baseados en gran parte no perfil hexagonal orixinal dos coches PA-1 e PA-2 deseñados e construídos pola St. Louis Car Company durante 1966-67. Posteriormente Hawker Siddeley vendería o mesmo deseño xeral ao MBTA en Boston para as súas liñas azul e laranxa. En 1978-80 entregáronse 70 coches para a liña azul, e en 1980-82 120 para a laranxa.[8] Hawker Siddeley tamén fabricou gran parte do material rodante máis antigo do sistema de metro de Toronto, os modelos H5 e H6. O negocio da fabricación de ferrocarrís, baseado en Mississauga e Thunder Bay, Ontario, é agora parte de Bombardier Transportation.

MBTA tamén mercou varios vagóns de proximidades á firma alemá Messerschmitt, que formaba equipo con Hawker Siddeley.

Nacionalización da fabricación de aviónsEditar

O 29 de abril de 1977, como resultado da Lei de Industrias Navais e Aeronáuticas de 1977, Hawker Siddeley Aviation e Dynamics foron nacionalizadas e fusionadas con British Aircraft Corporation (BAC) e Scottish Aviation para formar British Aerospace.[1] Porén, HSA e HSD só representaban o 25% dos negocios de Hawker Siddeley nesa época, e os intereses estranxeiros e non relacionados coa aviación mantivéronse como unha compañía coñecida como Hawker Siddeley Group Plc despois de 1980.

Racionalización e venda a BTREditar

O grupo racionalizouse na década dos 80, centrándose na enxeñaría e sinalización ferroviaria, electrónica industrial e equipos de instrumentación e sinalización.

Orenda Aerospace, a única compañía restante orixinal da época de Avro Canada/Hawker Siddeley Canada, aínda que moito máis pequena en tamaño e no alcance das súas operacións. converteuse en parte de Magellan Aerospace Corporation.

A finais dos 80 Hawker Siddeley desfíxose de gran parte dos seus fabricantes pesados en Norteamérica. A compañía de quipos pesados baseada en Talladega, Alabama TreeFarmer foi vendida a Franklin Equipment en 1990, e as súas instalacións canadenses de fabricación de coches ferroviarios dividíronse entre SNC-Lavalin e Bombardier en 1992.[9] Ese mesmo ano Hawker Siddeley Group Plc foi mercada por BTR plc.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 US Centennial of Flight Commismion (ed.). "Hawker Siddeley". Consultado o 6 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "The Avrow Arrow...A Broken Dream". Consultado o 5 de xullo de 2018. 
  3. Whitcomb, p. 26
  4. Whitcomb, pp. 10, 11, 236, 275
  5. "The Great Richmond Road Aircraft Factory". Consultado o 5 de xullo de 2018. 
  6. Invensys Rail Group (ed.). "History". Consultado o 5 de xullo de 2018. 
  7. Anson Engine Museum (ed.). "Brief History and Development Of Mirrlees Blackstone". Consultado o 5 de xullo de 2018. 
  8. nycsubway.org (ed.). "MBTA Orange Line". Consultado o 6 de xullo de 2018. 
  9. CAW (ed.). "CAW Members Ratify Three-Year Agreement at Bombardier". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2018. 

BibliografíaEditar