Hanna K. Korany

escritora siria


Hanna K. Korany, (árabe: هنا كسباني كوراني), nada en Kfrashima (distrito de Baabda) en 1870 e finada en Beirut en 1898[1], foi unha escritora do Imperio Otomán.

Modelo:BiografíaHanna K. Korany

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor en Wikidata
Kfarshima, Líbano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1898 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Kfarshima, Líbano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu na rexión do Monte Líbano, no actual Líbano. Educouse en Beirut nunha escola feminina de misioneiros presbiterianos.

En 1891 publicou en lingua árabe o libro Manners and Habits.[2] Escribiu outra novela tamén en árabe, e foi etiquetada de forma prematura como "a George Eliot de Siria" nun xornal estadounidense.[3]

 
Hanna K. Korany (1895).

En 1893 foi invitada por Bertha Palmer para representar Siria no Congreso Mundial de Mulleres Representativas (World's Congress of Representative Women),[4], evento relacionado coa Exposición Mundial Colombina celebrada en Chicago nese ano.[5] Na feira amosou bordados e traballos manuais das mulleres sirias. Escribiu sobre o congreso na revista feminina exipcia Al Fatat,[6] e escribiu o ensaio The Glory of Womanhood para a publicación do Congreso das Mulleres[7] Rematado o Congreso fixo unha xira de conferencias polos Estados Unidos[8].

En 1894 asistiu á convención anual da National American Woman Suffrage Association en Washington, D. C.,[9], e falou nunha cea canda a Elizabeth Cady Stanton, Susan B. Anthony, Lillie Devereux Blake e May Wright Sewall.[10] En 1896 estableceu un club de mulleres en Beirut.[11]

Vida persoal

editar

En 1887 casou con Amin Effendi Korany.

  1. "Death List of a Day: Mme. Hanna K. Korany". New York Times (en inglés). 2 de agosto de 1898. p. 7. 
  2. Fannie C. W. Barbour (Agosto de 1894). "Madame Hanna K. Korany, the Most Famous Syrian Woman of the Day". The Chautauquan' (en inglés) (614). 
  3. "The George Eliot of Syria". Herald Democrat (Colorado Historic Newspapers Collection). 20 de decembro de 1894. p. 2. 
  4. Hanna K. Korany (1894). "The Position of Women in Syria". En May Wright Sewall. The World's Congress of Representative Women. Rand McNally. pp. 773–777. 
  5. "A Fair Visitor from Syria". New York Times. 20 de febreiro de 1894. p. 6. 
  6. Marilyn Booth (2015). Classes of Ladies of Cloistered Spaces: Writing Feminist History through Biography in Fin-de-Siècle Egypt. Edinburgh University Press. ISBN 9781474403412. 
  7. Hannah K. Korany (1894). "The Glory of Womanhood". En Mary Kavanaugh Oldham Eagle. The Congress of Women: Held in the Woman's Building, World's Columbian Exposition, Chicago, U. S. A., 1893. Monarch Book Company. pp. 359–360. 
  8. "Some Facts About Syria". Brooklyn Daily Eagle (Newspapers.com). 24 de marzo de 1894. p. 10. 
  9. "Program: National American Woman Suffrage Association twenty-sixth annual convention, Washington, D.C. February 15 to 20, 1894". Ann Lewis Women's Suffrage Collection. 
  10. "Prominent Women Dine". New York Times. 23 de decembro de 1894. p. 16. 
  11. "A Syrian Woman's Club". The St. Bernard Voice (Newspapers.com). 19 de setembro de 1896. p. 4.