Susan B. Anthony
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Susan Brownell Anthony, nada en Adams (Massachusetts o 15 de febreiro de 1820 e finada en Rochester (Estado de Nova York) o 13 de marzo de 1906, foi unha reformadora e sufraxista norteamericana.
Susan B. Anthony | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1820 |
Adams (Massachusetts) | |
Falecemento | 13 de marzo de 1906 |
Rochester | |
Causa | Insuficiencia cardíaca e pneumonía |
Soterrada | Cemitério Mount Hope |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | sufraxista, feminista, suffragette, Activista polos dereitos humanos e abolicionista |
Pai | Daniel Anthony |
Nai | Lucy Read |
Irmáns | Daniel Read Anthony e Mary Stafford Anthony |
Premios | National Women’s Hall of Fame |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
De familia cuáquera naceu en Massachusetts, pero pouco despois do seu nacemento a súa familia moveuse ao estado de Nova York, e a partir de 1845 residiu en Rochester.
Estudou na pequena escola do seu pai, e entre 1837 e 1857 foi mestra en varias escolas. Na década anterior á Guerra Civil Americana, tivo un papel prominente nos movementos antiescravistas e antialcohólicos de Nova York, organizou en 1852 a primeira sociedade estatal de mulleres antialcohólica en América, e en 1856 converteuse na representante para o estado de Nova York da Sociedade Antiescravista de América.
A partir de 1854 dedicouse en exclusiva á defensa dos dereitos da muller, avogando pola completa igualdade de sexos. Entre 1868 e 1870 foi a propietaria do semanario, The Revolution.
Axudou a fundar a Asociación Sufraxista Estadounidense, da que foi primeiro vicepresidenta 1869-1892 e logo presidenta (1892-1906)
En colaboración con Stanton, Matilda Joslyn Gage e Ida Husted Harper, publicou The History of Woman Suffrage (1884–1887).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Susan B. Anthony |
BibliografíaEditar
- Claus Bernet: Susan B. Anthony, en: BBKL, 29, 2008, 93-101.