Abrir o menú principal

Gustavo Gutiérrez Merino

Gustavo Gutiérrez Merino, nado en Lima (Perú) o 8 de xuño de 1928, é un teólogo, un dos artífices da Teoloxía da liberación

Gustavo Gutiérrez Merino
Gustavo gutierrez.jpg
Gustavo Gutiérrez
Nacemento8 de xuño de 1928
 Lima
NacionalidadePerú
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Nacional Maior de São Marcos, Pontificia Universidade Gregoriana e Instituto Católico de Paris
Ocupaciónteólogo, filósofo, sacerdote católico e frade dominico
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, sen etiquetar, Cabaleiro da Lexión de Honra e honorary doctorate of the National University of San Marcos
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aqueixado dende a infancia de osteomielite, tivo que pasar períodos en cadeira de rodas e gardar cama. Estudou Medicina e Letras na Universdade Mayor de San Marcos en Lima. Militante de Acción Católica, as súas conviccións cristiás levárono a unha decidida loita social a prol da xustiza.

Estudou teoloxía na Universidade Católica de Lovaina e na Universidade de Lyon. Tivo como profesores a Henri de Lubac e Yves Congar e tomou contacto con Hans Küng e Karl Rahner. Ordenouse sacerdote en 1959. Entrou na Orde dos Predicadores buscando seguir o espírito de pobreza e formación intelectual de Domingos de Guzmán.

É doutor honoris causa pola Universidade de Yale e foi Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2003.

PensamentoEditar

Non pretende realizar unha teoloxía universal e atemporal, senón un pensamento encarnado na realidade social de opresión dos desfavorecidos. Dende o Evanxeo, pero tamén dende o Antigo Testamento, funda a opción preferencial polos pobres. A salvación cristiá é para o home íntegro tamén na súa dimensión sociopolítica. A súa teoloxía pretende ser unha reflexión crítica e operativa enfrontada as estruturas de dominación. O pecado ten tamén unha dimensión social que debe ser combatida tal como fixo Xesús de Nazaret. Servíndose da análise económica e social do marxismo, diagnostica unha situación e busca unha resposta liberadora alimentada polo pulo moral que nace da fe cristiá.

Aínda que unha parte da teoloxía da liberación foi censurada por Roma, Gustavo Gutiérrez, a diferenza de Leonardo Boff, nunca foi directamente condenado ou sancionado.

Premios e distinciónsEditar

En 2014 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa.[1]

ObrasEditar

  • Teología de la Liberación (1971)
  • La fuerza histórica de los pobres (1979)
  • Hablar de Dios desde el sufrimiento de los inocentes (1986)
  • La verdad os hará libres (1989)
  • Dios o el oro de las Indias (1989)
  • El Dios de la vida (1989)
  • En busca de los pobres de Jesucristo, el pensamiento de Bartolomé de Las Casas (1992)

NotasEditar

  1. Universidade San Paulo de Ottawa (ed.). "Saint Paul University conferring a Doctorate Honoris Causa to Father Gustavo Gutiérrez" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2014.