Guillermo Vicente

xornalista español
(Redirección desde «Guillermo Vicente Santiago»)

Guillermo Vicente Santiago, nado no Brasil en 1896 e finado en Pintán (A Guarda) o 10 de xaneiro de 1940, foi un industrial, xornalista e político galego.

Infotaula de personaGuillermo Vicente
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Pintán, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Alcalde de Tui
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Empregado no Banco Nacional da Arxentina, logo na Guarda traballou na corresponsalía de banca da familia Nandín e máis tarde trasladouse a Tui. Era o propietario e director da imprenta onde se editaba La Integridad e os semanarios Tierra (1932) e Tribuna (1933), que dirixiu. Tamén foi colaborador e correspondente dos semanarios Heraldo Guardés e Nuevo Heraldo.

Militou en Acción Republicana,[1] e despois en Izquierda Republicana da que foi presidente do grupo de Tui. Foi elixido alcalde de Tui o 16 de xullo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República. Cando caeu a resistencia, botouse ao monte con Antón Alonso Ríos. Tras vagar varios días por distintos lugares, déronlles acollida nunha casa en Torroña, onde permaneceron agochados dende o 31 de xullo até o día 11 de agosto. Polo perigo de seren atopados, decidiron marchar varios días para volver outra vez o 14 de agosto, permanecendo até o 19 de agosto. Alí chegaron a saber que andaban na súa procura. Guillermo debido a problemas pulmonares non puido seguir no monte e decidiu agocharse no domicilio familiar en Pintán, onde permaneceu nun zulo en tan malas condicións que a enfermidade agravouse a pesar das medicinas receitadas polo médico Darío Álvarez Blázquez. Faleceu a causa de tuberculose o 1 de maio de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e como resultado foi condenado polo tribunal o 30 de xuño de 1941 a quince anos de inhabilitación, dez anos de extrañamento e á perda dos bens embargados.

Notas editar

  1. Tribuna, 6-8-1933, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4. 

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Benito Pérez Álvarez
  
Alcalde de Tui
 
16/7/1936 - 26/7/1936
Sucesor:
José Peñarredonda Fernández