Guido Álvarez Parga
Guido Álvarez Parga, nado en Lugo o 16 de setembro de 1985, é un turismólogo, guía e docente universitario especializado en Planificación Turística e en Xestión de Paisaxes Culturais.[1] Colaborador asiduo en diversos medios de comunicación (principalmente prensa escrita e radio), é un dos fundadores do movemento social Coidemos Lugo.[2] Foi nomeado como un dos 10 Lucenses do Ano no ano 2020,[3] é asociado de honra da Asociación pola Defensa do Patrimonio Cultural Galego dende o 2021, recibiu o recoñecemento Travelers Choice da plataforma internacional TripAdvisor en 2022[4][5], 2023[6] e 2024[7], foi elixido "Petisqueiro do Ano 2022"[8] en Twitter e é recoñecido polas súas variadas propostas e iniciativas turísticas e culturais[9] en Galicia[10][11][12] e sobre todo na cidade e na provincia[13] de Lugo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1985 (38 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Guido Guía |
País de nacionalidade | España Arxentina |
Educación | Universidade da Coruña Jean Monnet University (en) Universidade de Nápoles Frederico II Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Téramo Universidade de Estugarda (pt) |
Actividade | |
Ocupación | guía de turismo , profesor universitario |
Lingua | Lingua galega, lingua castelá, lingua italiana, lingua francesa e lingua inglesa |
Páxina web | guidoguia.com |
Traxectoria
editarNaceu no barrio do Carme, fillo dun xornalista arxentino e dunha lucense profesora de Historia. Aos 18 anos mudouse á Coruña para cursar a carreira de Turismo. Continuou a súa formación con distintas bolsas de estudos (Erasmus, Leonardo, Maclands,[14] Erasmus Mundus) nas universidades de Téramo (Italia), Santiago de Compostela, Jean Monnet (Saint-Étienne, Francia), Federico II (Nápoles, Italia) e Stuttgart (Alemaña), que compatibiliza con diversas experiencias laborais entre as que destacan un período no museo Benjamin Franklin House de Londres (Reino Unido),[15] outro nunha consultora turística en Nantes (Francia) e varios anos como investigador e coordinador de dous observatorios turísticos no CETUR (Centro de Estudos e Investigacións Turísticas, en Santiago de Compostela). No 2015 regresa a Lugo, onde traballa durante varios anos en diversas axencias de viaxes, e no 2019 lanza o seu propio proxecto profesional: Guido Guía[16].
É o impulsor da campaña "Lugo Patrimonio Mundial"[17][18], coordinador de "Lugo Muralla Única"[19][20] e creador dos paseos "O Lugo menos coñecido"[21], un formato de itinerarios turísticos alternativos posteriormente estendido por el mesmo a outras cidades e localidades galegas[22][23][24]. En xeral é iniciador de variadas iniciativas culturais[25][26] e percorridos turísticos[27].
En agosto do 2020, foi un dos fundadores de Coidemos Lugo,[28] un amplo movemento social que promove a concienciación ambiental e o coidado do patrimonio. Un mes despois incorpórase á UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) como profesor-titor do Grao de Turismo. Varios meses máis tarde é nomeado como un dos 10 Lucenses do Ano 2020,[29][30] e tamén recoñecido pouco despois como asociado de honra da Asociación pola Defensa do Patrimonio Cultural Galego. No 2022, 2023 e 2024 recibiu o recoñecemento Travelers Choice da plataforma internacional TripAdvisor, e foi elixido "Petisqueiro do Ano 2022" en Twitter.
É o autor dunha guía de 21 rutas naturais a través do Concello de Lugo[31] e colaborador frecuente dos medios Galicia Confidencial, Lugo Xornal, Nós Diario, El Progreso de Lugo, La Voz de Galicia, Cadena Ser e Onda Cero.
Premios e recoñecementos
editarPublicacións
editar- Guía de 21 rutas naturais do Concello de Lugo[37]
Notas
editar- ↑ Telese, Vivi (2013-06-18). "Studenti del master Erasmus mundus MacLands in Valle telesina: il loro giudizio - ViviTelese.it" (en italiano). Consultado o 2022-06-14.
- ↑ Diario, Nós. "Guido Álvarez: "Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade"". Nós Diario. Consultado o 2022-01-21.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2021-11-19). "Los galardonados, uno a uno". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-01-21.
- ↑ Redacción (2022-06-14). "Guido Guía, Gran Hotel, Muralla e Catedral, premiados nos Travelers Choice 2022". Lugo Xornal. Consultado o 2022-06-14.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-06-23). "Esto es lo mejor de lo mejor de la provincia, según Tripadvisor". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-06-23.
- ↑ https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-06-20). "Guido Guía, la Muralla, la Catedral, el Gran Hotel y la Praza Maior de Lugo, premio Travelers Choice 2023 en TripAdvisor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-20.
- ↑ Redacción (2024-06-25). "Guido Guía, Muralla, Catedral, Gran Hotel e Mercure, premio Travelers Choice 2024 en TripAdvisor". Lugo Xornal - Noticias de Lugo e contorna. Consultado o 2024-06-25.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2023-01-02). "Mira Lugo ▶ Juzgado, 'Petiscos da lingua' y Guardia Civil". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-01-02.
- ↑ Redacción (2019-09-15). "#OLugoMenosCoñecido: Unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto". Lugo Xornal. Consultado o 2022-01-21.
- ↑ "El guía turístico Guido Álvarez enseñará el Ferrol menos conocido a través de un paseo dirigido". Quincemil (en castelán). Consultado o 2022-08-27.
- ↑ Tesouro, A. G. (2022-11-13). "Paseo por el Ourense desconocido". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-11-14.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2023-03-09). "Tras la Galicia que no sale en las postales". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-03-09.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-06-06). "El Ayuntamiento de Sarria estrena los paseos guiados con 28 participantes". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-06-06.
- ↑ Redacción (12 de setembro de 2012). "Je vais profiter un maximum de la diversité culturelle". leprogres.fr (en francés). Consultado o 6 de setembro de 2021.
- ↑ Piñeiro, María (31 de marzo de 2019). "Imágenes que dan ansia viajera". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021.
- ↑ Redacción (2019-08-31). "Unha visita guiada polo 'Lugo menos coñecido' esperta un grande interese no público". Lugo Xornal. Consultado o 2022-06-14.
- ↑ Redacción (13 de febreiro de 2021). "#LugoPatrimonioMundial é "trending topic" en Europa". crtvg.es. Consultado o 14 de setembro de 2021.
- ↑ Cobo, Héctor (18 de febreiro de 2019). "#LugoPatrimonioMundial, a iniciativa viral que xa apoian Odón Elorza ou Martín Barreiro". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-11-03). "Unha muralla políglota". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-11-16.
- ↑ "La Muralla de Lugo vista por italianos, bretones o brasileños". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-11-03. Consultado o 2022-11-16.
- ↑ Redacción (2019-08-31). "Unha visita guiada polo 'Lugo menos coñecido' esperta un grande interese no público". Lugo Xornal. Consultado o 2022-01-21.
- ↑ Diario, Nós (2022-08-20). "Expandir o turismo alternativo e en galego, o obxectivo do novo proxecto do guía Guido Álvarez". Nós Diario. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ Rebeca. "Éxito del paseo por los rincones de ‘Ferrol menos coñecido’". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2022-10-02.
- ↑ "Un paseo para descubrir las curiosidades y los lugares menos conocidos de A Coruña". Quincemil (en castelán). Consultado o 2022-10-13.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-01-12). "Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves lanzan o proxecto #OLugoMáisArqueolóxico". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-01-21.
- ↑ "Alta participación en "OLugoMáisArqueolóxico", rutas guiadas pola cidade". G24. Consultado o 2022-02-07.
- ↑ "Lugo: unha guía, 21 rutas naturais únicas". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-13. Consultado o 2022-01-21.
- ↑ "Nace en las redes un movimiento social para cuidar la imagen de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-08-13. Consultado o 2022-01-21.
- ↑ L., R. (3 de maio de 2021). "Premio Lucenses de Honor al personal sanitario por su lucha contra el covid". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2021.
- ↑ Teijeiro Aldariz, Aberto (11 de xullo de 2021). "Todos os meus proxectos persoais parten dende a base dos sentimentos". elprogreso.es. Consultado o 6 de setembro de 2021.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2021-05-12). "O Concello anuncia unha guía con 21 rutas naturais de Lugo". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-01-21.
- ↑ L., R. (5 de maio de 2021). ""Un orgullo que non disimulamos"". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2021-11-20). "A noite do orgullo lucense". El Progreso de Lugo. Consultado o 2021-11-21.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2021-11-19). "Guido Álvarez". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-11-21.
- ↑ "Guido Guía, en galego, premio 'Travellers Choice' de TripAdvisor". Neofalantes. 2022-06-22. Consultado o 2022-06-23.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-06-10). "Mira Lugo ▶ Guido Guía, Luis López y Milagrosistas". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-06-23.
- ↑ "Una guía con 21 rutas para descubrir el paisaje, la cultura y la historia de Lugo". Enfoques (en castelán). 2021-05-19. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-21.