Golfo de Alasca
O golfo de Alasca é un brazo curvo do océano Pacífico na costa sur de Alasca, delimitando polo oeste coa península de Alasca e a illa Kodiak, e polo leste co arquipélago Alexander, onde se encontra a baía Glaciar.
Golfo de Alasca | |
---|---|
Gulf of Alaska | |
Localización administrativa | |
Estado | Estados Unidos |
División | Estados Unidos |
Subdivisión | Borough de Lake and Peninsula Borough de Aleutianas Orientais Borough de illa Kodiak Borough de península de Kenai Sitka |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | América do Norte |
Arquipélago | Archipélagos Kodiak Alexander |
Ecorrexión | Monumento nacional e Reserva de Aniakchak e parques nacionais de Katmai, Lago Clark, fiordes de Kenai, Wrangell-San Elías e baía dos Glaciares |
Xeografía | |
Afluentes | Copper (462 km) e Susitna (504 km) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Cook Inlet, Prince William Sound e Baía de Yakutat |
Características | |
Lonxitude máxima | 1 950 km (L-O, na boca) |
Anchura máxima | 650 km (N-S) |
Outros datos | |
Cidades costeiras | Juneau, Kodiak, Seward, Cordova e Sitka |
Mapa | |
Xeolocalización en Alasca | |
Mapa do golfo de Alasca. | |
A ribeira do golfo é unha combinación de bosques, montañas e glaciares, como o Malaspina e o Bering. A costa está profundamente accidentada, con enormes entrantes como a Cook Inlet e o Prince William Sound (dous grandes corpos de auga interconectados), ou como tamén a baía Yakutat ou o Cross Sound.
Meteoroloxicamente, o golfo é un continuo xerador de tormentas. Isto, sumado ás vastas cantidades de neve e xeo sobre o sur de Alasca, dá como resultado as maiores tempestades da zona sur do círculo polar ártico. Moitas destas tormentas móvense cara ao sur polas costas de Columbia Británica, Washington e Oregón. A maioría das choivas estacionais do Noroeste do Pacífico proveñen do golfo de Alasca.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Alasca |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |