Juneau
Juneau | |
---|---|
Situación xeográfica | |
![]() | |
País: | ![]() |
Estado: | Alasca |
Condado: | |
Incorporada: | |
Alcalde: | Bruce Botelho |
Xeografía | |
Altitude: | 17 m msnm |
Superficie: | 8430.4 km² |
Poboación | |
Poboación total: | 30,987 (2005) |
Densidade de poboación: | 4.4/km² |
Información | |
Sitio na web: | http://www.juneau.org |
A cidade de Juneau é a capital do estado de Alasca, nos Estados Unidos. No ano 2005, a cidade contaba con 30.987 habitantes, polo que se sitúa como a Terceira cidade do estado en termos de poboación, precedida por Fairbanks e por Anchorage. A cidade atópase localizada na Canle Gastineau, no Arquipélago Alexander.
Características XeraisEditar
XeografíaEditar
Juneau é unha das dúas capitais de estado estadounidense as que non se pode chegar por estrada, a outra é Honolulú, o único medio para chegar a ela é por avión ou por barco. Atópase a nivel do mar, aínda que ten moitas montañas próximas. Localízase a unha latitude de 58º 18' 06" cara o Norte a unha lonxitude 134º 25' 10" ao Oeste, a carón do territorio do Canadá (á súa beira oeste), canda outras moitas illas.
ClimaEditar
Juneau, apesares de estar no sueste do Alasca, ten unha temperatura moi baixa, cunha temperatura anual inferior a 5 °C. No verán a temperatura é duns 20 °C, usualmente anubrado e con precipitacións, principalmente en agosto e setembro. No inverno a temperatura é menor de 0 °C, chovendo máis do que chovía no verán. A temperatura máxima rexistrada na historia de Juneau foi 32 °C, no xullo de 1975, e a mínima foi en xaneiro do 1972, con -30 °C.
AntropoloxíaEditar
A poboación nativa é de orixe tlingit, un pobo de ricas tradicións artísticas, con dominio do tecido, a escultura (tótems), a danza e o canto.
HistoriaEditar
Despois de que o ouro fose descuberto, un grupo de buscadores instalouse na localidade, sendo a cidade propiamente fundada en 1881, bautizada en honra ao mineiro Joseph Juneau. Logo da época dos buscadores de ouro, grandes minas subterráneas foron cavadas a principios do século XX, as cales seguirían sendo explotadas ata inicios da Segunda Guerra Mundial.