Giulio Andreotti

político italiano

Giulio Andreotti, nado o 14 de xaneiro de 1919 e finado o 6 de maio de 2013 [1] [2] foi un político demócrata-cristián italiano. Ocupou o cargo de primeiro ministro de Italia durante varios mandatos. Desde 1991 era senador vitalicio por designación presidencial.

Giulio Andreotti
Nome completoGiulio Andreotti
Nacemento14 de xaneiro de 1919
Lugar de nacementoRoma
Falecemento6 de maio de 2013
Lugar de falecementoRoma
Causasíndrome do desconforto respiratório agudo
SoterradoCampo di Verano
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Roma La Sapienza
Ocupaciónescritor, político, diplomático, reporteiro e xornalista
CónxuxeLivia Andreotti
FillosLamberto Andreotti e Serena Andreotti
PremiosKnight Grand Cross of the Order of the Falcon, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique, Order of Merit (South Tyrol), Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gold Olympic Order, Robert Schuman Medal, Knight Grand Cross in the Order of the Holy Sepulchre, Ischia International Journalism Award, Knight of the Military Order of Italy, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Grã-Cruz da Ordem do Mérito, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, honorary doctor of the Peking University, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco e doutor honoris causa pola universidade Xaguelónica de Cracovia
Na rede
https://www.giulioandreotti.org
IMDB: nm0028390 Find a Grave: 110090086 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Líder do Partido Demócrata Cristián Italiano, foi primeiro ministro entre 1972 - 1973, 1976 - 1979 e 1989 - 1992.

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira política en 1946 como deputado, aínda que desde 1944 era o líder da Democracia Cristiá. Antes, foi xornalista de profesión, sendo cofundador do Popolo, o xornal do seu partido. Foi colaborador de Alcide De Gasperi, pasando por todos os seus gobernos coas máis variadas funcións.

En 1954, foi ministro do Interior; en 1955, de Facenda; en 1966 formou parte do terceiro goberno de Aldo Moro; entre febreiro de 1972 e xuño do ano seguinte presidiu un goberno demócrata cristián, co apoio de partidos centristas; en xuño de 1976, tras as eleccións xerais, tomou o poder cun gabinete demócrata cristián minoritario, que só puido gobernar pola abstención do grupo parlamentario comunista.

En 1978, Andreotti formou goberno co Partido Comunista Italiano, tendo así maioría parlamentaria absoluta. Ao ano seguinte, o gabinete da coalición chegou ao seu fin debido á controvertida adhesión de Italia ao sistema monetario europeo, ao que os comunistas se opuñan. A forte oposición dos socialistas impediría que Andreotti cumpra o seu programa de loita contra a inflación ao pé da letra.

En 1983 asumiu o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores e en 1989 formou un goberno de coalición, sucedendo a Ciriaco De Mita.

En 1990, sendo Presidente do Consello de Ministros de Italia, Andreotti, admitiu a existencia dunha rede paramilitar segreda ao longo de Europa occidental, chamada Gladio, que fixera os seus primeiros atentado en decembro de 1969 coa explosión de catro bombas simultáneas en Roma e Milán.[3]

Até o ano da súa dimisión, en 1992, Giulio Andreotti dirixiu gobernos de centrodereita, centroesquerda e de unidade nacional. No que a política exterior se refire, era pro-árabe, pero tamén atlantista.

Asuntos xudiciais editar

En 1993, ademais de varios escándalos políticos, a Xustiza acusou a Andreotti de delitos vinculados á mafia e a esquemas de financiamento ilegais dos partidos políticos. O seu xuízo comezou en 1995, pero Andreotti finalmente foi absolto en 1999. En 2003, o tribunal de apelación de Palermo rexeitou a sentenza absolutoria dictada, establecendo que demostraran vínculos coa mafia até 1980 (delito cometido, pero prescrito); en 2004 a sentenza foi confirmada polo Tribunal Supremo.

En 2002, Giulio Andreotti foi finalmente condenado a 24 anos de prisión, por complicidade cos asasinos do xornalista Mino Pecorelli, en 1979.[4] Non obstante, non foi arrestado xa que gozaba de inmunidade, dada a súa condición de senador vitalicio. Pecorelli fora asasinado por dous individuos despois de anunciar que pretendía publicar un informe sobre presuntos cargos de comisións ilegais por parte de Andreotti. O xornalista baseouse en documentos do líder da Democracia Cristiá, Aldo Moro, que fora asasinado polas Brigadas Vermellas o ano anterior. O tribunal de apelación de Perugia rexeitou a sentenza absolutoria dictada en 1999 por un xulgado de primeira instancia -segundo a cal Andreotti, entón de 83 anos, non tiña nada que ver coa morte do xornalista-. En 2003, o Tribunal Supremo anulou a condena e absolveu a Andreotti por non ter cometido o crime.[5]

Na cultura popular editar

Os seus anos no poder foron tratados na película Il Divo (2008) de Paolo Sorrentino.

Notas editar

  1. Morre o ex-primeiro-ministro da Itália Giulio Andreotti. Jornal do Brasil, 6 de maio de 2013. (en portugués)
  2. publico.pt. "Morreu Giulio Andreotti, o “divino”". Consultado o 6 de maio de 2013. 
  3. "«Gladio»: la red paramilitar secreta de la OTAN que sembró el caos en Europa". La Haine Mundo (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  4. Corriere della Sera (18 de novembro de 2002). "Delitto Pecorelli, condannati Andreotti e Badalamenti". Archived from the original on 21 de novembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2016. 
  5. Corriere della Sera (31 de outubro de 2003). "Andreotti, assoluzione definitiva". Archived from the original on 21 de novembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar