Giulietta Masina

actriz italiana

Giulia Anna Masina, coñecida artisticamente como Giulietta Masina, nada en San Giorgio di Piano (Emilia-Romaña) o 22 de febreiro de 1921 e finada en Roma o 23 de marzo de 1994, foi unha actriz italiana, esposa do cineasta Federico Fellini.

Infotaula de personaGiulietta Masina

(1966) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giulia Anna Masina Editar o valor em Wikidata
22 de febreiro de 1921 Editar o valor em Wikidata
San Giorgio di Piano (Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 1994 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaFellini tomb (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReino de Italia
Roma Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–1994)
Reino de Italia (1920, 1921–) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación cinematográfica e television screenwriting (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz
Período de actividade1948 Editar o valor em Wikidata - 1991 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNeorrealismo italiano e Auteur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFederico Fellini (1943–1993) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0556399 Allocine: 1055 Rottentomatoes: celebrity/giuletta-masina Allmovie: p46201
Discogs: 3959234 WikiTree: Masina-4 Find a Grave: 6481 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Filla do violinista e profesor de música Gaetano Masina e da mestra Angela Flavia Pasqualin, pasou a maior parte da súa infancia e adolescencia en Roma vivindo en casa dunha tía súa que quedou viúva. Estudou no liceo das Irmás Ursulinas e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade La Sapienza. Durante o seu paso pola universidade, cultivou a súa paixón pola interpretación e no curso 1941–1942 participou en numerosos espectáculos de danza, música e teatro universitario no Stadium Urbis, que logo se convertería no Teatro Ateneo de Roma. En 1943 entrou a formar parte da Compañía de Teatro Cómico Musical onde actuou como bailarina, cantante e actriz en diferentes operetas e obras cómicas.

Fellini e Giulietta editar

Nesas datas, comezou a traballar como actriz de radio, xunto a Nella Maria Bonora e Franco Becci, voces moi populares na época. Comezou a ser coñecida polo éxito do serial radiofónico Terziglio que contaba as aventuras de Cico e Pallina, que interpretaba xunto ao locutor Angelo Zanobini. Estaba escrito por Federico Fellini, por entón un mozo versátil, redactor da revista satírica Marc'Aurelio. Giulietta e Federico casaron o 30 de outubro de 1943, comezando así unha intensa relación afectiva e artística, unha das máis relevantes da historia do cine italiano. Varios meses despois do matrimonio, unha caída por unha escaleira produciulle un aborto. Tras isto, o 22 de marzo de 1945, naceu o seu fillo Pierfederico, que desgraciadamente faleceu só un mes despois, o 24 de abril de insuficiencia respiratoria. Foi o único fillo que tivo a parella.

Despois do fin da segunda guerra mundial, retomou o teatro universitario coa obra Angelica, escrita e dirixida por Leo Ferrero e coprotagonizada por Marcello Mastroianni. A obra Gli innamorati foi a súa última incursión no teatro en 1951.

A súa primeira incursión no cine produciuse en 1946 como extra no filme Paisá, camarada de Roberto Rossellini, pero o seu verdadeiro primeiro traballo foi en 1947 no filme Senza pietà, dirixido por Alberto Lattuada e interpretado xunto a Carla del Poggio.[1] Este papel de moza de bo corazón e aspecto alegre, repetiuse nesa primeira etapa en filmes dirixidos por Carlo Lizzani, Giuseppe Amato ou Renato Castellani. Porén, foi da man do seu marido que alcanzou a popularidade mundial coa súa mítica personaxe de Gelsomina no filme La strada (1954), xunto a Anthony Quinn e Richard Basehart.

En 1957, Masina interpretou o que probablemente foi o papel máis relevante da súa carreira en Le notti di Cabiria dirixido polo seu home.[2] Esta personaxe aparecía fugazmente xa no primeiro filme de Fellini O xeque branco de 1951. En 1958 traballou xunto a Alberto Sordi no filme Fortunella do director Eduardo De Filippo. Fellini contou tamén coa súa dona na súa primeira longametraxe en cor, Giulietta dos espíritos (1965), unha historia de forte carga surrealista sobre a infidelidade na parella.[3] Vinte anos máis tarde, en 1985, volveu actuar para Fellini na melancólica historia Ginger e Fred, onde xunto a Marcello Mastroianni interpretaron unha antiga parella de baile que imitaban a Fred Astaire e Ginger Rogers, moi populares durante a guerra e que se reúnen ao cabo de moitos anos convidados por un grandilocuente show televisivo, paradigma do consumismo e do sentimentalismo fácil.

Radio e televisión editar

A pesar de que a súa carreira cinematográfica foi predominante, Masina traballou tamén en radio e televisión. De 1966 a 1969 foi presentadora con grande éxito dun programa radiofónico titulado Lettere aperte, no que os oíntes escribían á actriz. Estas cartas foron posteriormente recompiladas nun libro. Tamén traballou en televisión fundamentalmente na década de 1970, en dúas producións de grande éxito: Eleonora (1973) dirixida por Silverio Blasi e Camilla (1976) dirixida por Sandro Bolchi, adaptación da novela Un inverno freddissimo de Fausta Cialente.

Falecemento editar

Giulietta Masina morreu, vítima do cancro, na capital italiana en marzo de 1994, á idade de 73 anos. Só sobreviviu cinco meses o seu esposo, que falecera en outubro de 1993. Fellini e Masina foron enterrados xunto ao seu malogrado fillo no cemiterio de Rimini, cidade natal do director. En 2003 descubriuse xunto á tumba un monumento en bronce en forma de vela realizado polo escultor italiano Arnaldo Pomodoro.[4]

Premios cinematográficos editar

Entre os premios máis importantes da súa traxectoria pódense destacar os catro Nastri d'Argento do Sindicato de xornalistas cinematográficos italianos, como actriz principal en Le notti di Cabiria (1958) e Ginger e Fred (1986) e como actriz secundaria en Senza pietà (1948) e Luces de variedades (1950). Ademais foille concedido un David de Donatello á mellor actriz por Giulietta dos espíritos, ademais dun David especial no 30.º aniversario dos premios en 1986. Foi candidata en dúas ocasións aos Premios BAFTA británicos como mellor actriz estranxeira en 1954 e 1957.

Nos festivais de cine, Giuletta Masina obtivo o recoñecemento como mellor actriz polo seu papel en Le notti di Cabiria en 1957 en Cannes e en San Sebastián.

En 1957 foi galardoada coa medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz estranxeira pola súa interpretación en La Strada, e ao ano seguinte repetiu premio polo seu papel en Le notti di Cabiria.[5][6]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1946 Paisá, camarada Muller nova Sen acreditar
1948 Senza pietà Marcella
1951 Persiane chiuse Pippo
Luces de variedades Melina Amour
Sette ore di guai Filla de Romolini
Cameriera bella presenza offresi... Ermelinda
1952 Wanda la peccatrice Nadina
O xeque branco Cabiria
Europa '51 Giulietta
1953 Ai margini della metropoli Gina Ilari
1954 La Strada Gelsomina
Cento anni d'amore Veciña na xanela de atrás Episodio "Purificazione"
Donne proibite Rosita
1955 Almas sen conciencia Iris
1957 Le notti di Cabiria Maria Cabiria Ceccarelli
1958 Fortunella Nanda Diotallevi aka Fortunella
1959 Nella città l'inferno Lina
Jons und Erdme Erdme
1960 Das kunstseidene Mädchen Doris Putzke
1965 Giulietta dos espíritos Giulietta Boldrini
1969 The Madwoman of Chaillot Gabrielle
1985 Perinbaba Perinbaba
1986 Ginger e Fred Amelia Bonetti "Ginger"
1991 Aujourd'hui peut-être... Bertille

Notas editar

  1. Non aparece nos títulos de créditos; é unha moza que sobe as escaleiras dun palacio.
  2. Críticas de Le notti di Cabiria
  3. "Giulietta de los espíritus". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  4. Rímini honra a Fellini en el décimo aniversario de su muerte.
  5. "Premios del CEC a la producción española de 1957". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  6. "Premios del CEC a la producción española de 1958". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar