Georgios Stamatopoulos
Georgios Stamatopoulos (grego: Γεώργιος Σταματόπουλος), nado en Atenas en 1963, é un deseñador de moedas grego que forma parte do cadro de gravadores do Banco de Grecia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Atenas, Grecia |
Actividade | |
Ocupación | artista |
Traxectoria
editarGeorge Stamatopoulos ingresou en 1982 na Escola de Belas Artes de Atenas, onde se graduou en 1988 coa especialidade de Escultura.[1]
En 1995 comezou a traballar no Museo de Escultura da Acrópole e en 1996 gañou un concurso para o deseño de medallas e moedas do sistema do dracma do Banco de Grecia. Finalmente, en 1997 foi contratado por esta institución como gravador.[1]
Logo da súa primeira experiencia co deseño de moedas de finais da década de 1990, Stamatopoulos foi elixido tamén polo Banco de Grecia para deseñar o anverso nacional da serie completa das moedas do novo sistema do euro —entre o céntimo e os dous euros—, que comezaron a circular a partir de 2002.[2]
Así mesmo, é autor do deseño de numerosas moedas conmemorativas gregas e chipriotas da serie do euro.[2] Dous dos seus deseños foron utilizados tamén para os anversos de senllas emisións de moedas conmemorativas de dous euros conxuntas de todos os estados da Eurozona: a que conmemora os 10 anos da Unión Monetaria Europea (2009)[3] e a dos 30 anos da creación da Bandeira da Bandeira da Unión Europea (2015).[4][5]
Á marxe do deseño de moedas, a súa obra escultórica está baseada normalmente no mundo natural e especialmente nas diversas formas de vida. Os materiais cos que elabora as súas obras son a madeira, o bronce, o mármore e a cerámica, ao tempo que experimenta con novos materiais, como o poliéster. A maior parte das súas creacións están en espazos públicos e en coleccións privadas.[2]
Escolma de traballos
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Γιώργος Σταματόπουλος – γλύπτης, χαράκτης ελληνικών νομισμάτων" [George Stamatopoulos - escultor, gravador de moedas gregas]. Greekeurocollector.wordpress.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Moedas deseñadas por Georgios Stamatopoulos. Numista.com
- ↑ "10 Years of EMU". Numista.com
- ↑ "L'UE choisit un euro grec pour fêter les 30 ans du drapeau européen". En Le Figaro. 28 de maio de 2015.
- ↑ "30 Years of European Union Flag". Numista.com
- ↑ "L'UE choisit un euro grec pour fêter les 30 ans du drapeau européen". En Le Figaro. 28 de maio de 2015.
- ↑ "30 Years of European Union Flag". Numista.com
- ↑ "2 Euro Union of the Dodecanese with Greece". Numista.com
- ↑ "2 Euro Battle of Thermopylae". Numista.com