George Herbert de Carnarvon


George Edward Stanhope Molyneux Herbert, quinto conde de Carnarvon, nado en Highclere Castle (Hampshire) o 26 de xuño de 1866 e finado en O Cairo o 5 de abril de 1923, foi un aristócrata británico, famoso por ser quen financiou a escavación da tumba de Tutankhamon no Val dos Reis.

Modelo:BiografíaO moi honorábel Editar o valor en Wikidata
George Herbert de Carnarvon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1866 Editar o valor en Wikidata
Castelo de Highclere, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 1923 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBeacon Hill (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara dos Lords
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEton College
Trinity College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo, exiptólogo, aristócrata, fotógrafo, político, arqueólogo, necropolis scholar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEarl of Carnarvon (en) Traducir (1890–1923) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAlmina Herbert, Countess of Carnarvon (1895–1923), morte Editar o valor en Wikidata
FillosHenry Herbert, 6th Earl of Carnarvon, Evelyn Beauchamp Editar o valor en Wikidata
PaisHenry Howard Molyneux Herbert, 4th Earl of Carnarvon Editar o valor en Wikidata  e Evelyn Stanhope Editar o valor en Wikidata
IrmánsLady Winifred Herbert
Lady Margaret Herbert
Lady Victoria Herbert
Aubrey Herbert
Mervyn Herbert Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Herbert-1438 Find a Grave: 9785543 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu nunha familia acomodada de Highclere Castle, Hampshire e era fillo único. O sei pai, Henry Herbert, cuarto conde de Carnarvon, formaba parte do partido conservador. Estudou en Eton e no Trinity College de Cambridge e sucedeu o seu pai como conde en 1890.

Carreiras de cabalos

editar

Carnarvon era extremadamente rico e posuía cabalos de carreiras e algúns dos primeiros modelos de automóbiles da historia, os cales conducía con temeridade. En 1901 sufriu un accidente de motocicleta en Alemaña que o deixou parcialmente discapacitado.

En 1902 dedicouse a criar cabalos de carreiras e en 1905 foi designado como xuíz para a carreira de cabalos de Newbury. A súa familia estivo vinculada a este hipódromo dende entón. O seu neto, sétimo conde de Carnarvon, foi xefe de equipo da raíña Isabel II dende 1969 e converteuse en íntimo amigo dela.

Exiptoloxía

editar

Lord Carnarvon era un afeccionado da exiptoloxía e, en 1907, decidiu financia-la escavación de tumbas de nobres en Deir el-Bahri (Tebas) á que se lle uniu Howard Carter como axudante de escavación. En 1914 o conde logrou a concesión para escavar no Val dos Reis, onde se atoparon tesouros como nunca se viran en toda a historia da arqueoloxía, entre eles, a tumba do famoso emperador Tutankhamon.[1]

O 19 de marzo de 1923, lord Carnarvon contraeu unha infección grave causada pola picadura dun mosquito, que se agravou ao cortarse cunha navalla. Morreu o 5 de abril no Hotel Savoy Continental de O Cairo. A súa morte levantou comentarios sobre a existencia da “maldición de Tutankhamon”.[2]

Malia iso, a súa morte probablemente a causara a presenza de veleno no sangue trala picadura dun mosquito que o conde accidentalmente abriu ao afeitarse cunha navalla, provocando que a ferida se infectase con erisipela. Esta infección podería ter evolucionado a pneumonía e foi así como acabou a vida do lord inglés.

Como bo arqueológo, a súa tumba atópase nun antigo forte situado no monte dende onde se observan tódalas súas terras de Beacon Hill (Hampshire).