George Andrew Olah

químico húngaro

George Andrew Olah (en húngaro: György András Oláh), nado en Budapest o 22 de maio de 1927 e finado en Beverly Hills o 8 de marzo de 2017, foi un químico estadounidense de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1994.

George Andrew Olah
Datos persoais
Nome completoOláh András György
Nacemento22 de maio de 1927
LugarBudapest Hungría Hungría
Falecemento8 de marzo de 2017
LugarBeverly Hills (California)
SoterradoCemitério de Kerepesi
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadehúngaro/estadounidense
CónxuxeJudith Lengyel
Actividade
CampoQuímica
Alma máterUniversidade de Tecnoloxía e Economía de Budapest
Contribucións e premios
Coñecido porcatións de carbono (carbocatións)
PremiosPremio Nobel de Química (1994)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou química na Universidade de Tecnoloxía e Economía de Budapest, onde se doutorou en 1949. Tras a Revolución Húngara de 1956 fuxiu, inicialmente a Inglaterra e posteriormente ao Canadá, onde traballou na Dow Chemical Company. En 1965 aceptou o seu nomeamento como profesor de química na Case Western Reserve University e en 1977 na Universidade do Sur de California dos Ánxeles. En 1971 conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Investigacións científicas editar

Interesado en química orgánica desenvolveu as súas investigacións sobre os catións de carbono, denominados carbocatións, fragmentos cargados positivamente que proceden de moléculas de hidrocarburos e que aparecen en fraccións de segundos nos estadios intermedios das reaccións químicas.

En 1994 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre os carbocatións, fundamentais na produción de materiais sintéticos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Kary Mullis
e
Michael Smith
Premio Nobel de Química
 

1994
Sucesor:
Paul J. Crutzen,
Mario J. Molina e
Frank Sherwood Rowland