Michael Smith
Michael Smith, nado o 26 de abril de 1932 en Blackpool (Inglaterra) e finado o 4 de outubro de 2000 en Vancouver (Canadá), foi un químico, bioquímico e profesor universitario canadense, de orixe inglesa, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1993.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1932 ![]() Blackpool, Reino Unido ![]() |
Morte | 4 de outubro de 2000 ![]() Vancouver, Canadá ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | Universidade de Manchester Arnold School (en) ![]() ![]() |
Tese académica | Studies in the stereochemistry of diols and their derivatives (en) ![]() ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía molecular e Bioquímica ![]() |
Ocupación | químico, profesor universitario, bioquímico, xenetista ![]() |
Empregador | Universidade da Columbia Británica ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou química na Universidade de Mánchester, onde se doutorou en 1956. Aquel mesmo ano trasladouse ao Laboratorio de Har Gobind Khorana da Universidade da Columbia Británica, e posteriormente dedicouse á docencia na Universidade de Wisconsin-Madison, situada nos Estados Unidos, e finalmente volveu á Universidade da Colúmbia Británica, onde foi nomeado director do Laboratorio de Biotecnoloxía.
Investigacións científicas
editarInteresado na investigación científica na contorna do ADN, buscou métodos para poder recodificar o ácido desoxirribonucleico en puntos concretos, o que se coñeceu como mutaxénese dirixida, para poder variar así a composición, forma e propiedades das proteínas.
En 1993 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento dun método para a mutación (mutáxeno) do ácido desoxirribonucleico. O premio foi compartido con Kary Mullis polo desenvolvemento da Reacción en cadea da polimerase.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1993 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1993 (en inglés)
- Michael Smith en Biografías y vidas (en castelán)
- Perfil de Michael Smith en NNDB (en inglés)
- Biografía de Michael Smith en Michael Smith Laboratories (en inglés)
Predecesor: Rudolph A. Marcus |
Premio Nobel de Química 1992 con Kary Mullis |
Sucesor: George Andrew Olah |