Rudolph A. Marcus

químico canadense

Rudolph "Rudy" Arthur Marcus, nado o 21 de xullo de 1923 en Montreal (Canadá) é un químico e profesor universitario estadounidense, de orixe canadense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1992.

Rudolph A. Marcus
Rudolph A. Marcus en 2005.
Datos persoais
Nacemento21 de xullo de 1923 (100 anos)
LugarMontreal Canadá
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadecanadense/estadounidense
Cónxuxe
  • Magdalena
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade McGill
  • Director de teseCarl A. Winkler
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Transferencia electrónica
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1992)
  • editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria editar

    Estudou química na Universidade McGill, onde se graduó en 1943 e se doutorou en 1946. Posteriormente dedicouse á docencia entre os anos 1956 e 1965 no Instituto Politécnico de Brooklyn, situado na cidade de Nova York, entre 1965 e 1978 na Universidade de Illinois e posteriormente no Instituto Tecnolóxico de California. En 1958 foille concedida a nacionalidade estadounidense.

    Investigacións científicas editar

    A finais da década de 1950 e a principios da de 1960 formulou a súa teoría sobre as reaccións de redución-oxidación, denominadas redox. Os seus estudos sobre as reaccións unimoleculares e o estado de transición e colisión permitíronlle elaborar en 1952 a Teoría RRKM (Rice–Ramsperger–Kassel–Marcus), ampliación da antecesora Teoría RRK elaborada por Oscar Knefler Rice, Herman Carl Ramsperger e L.S. Kassel nos anos 1927 e 1928.

    En 1956 formulou a chamada Teoría de Marcus, que orixinalmente foi formulada para tratar as reaccións de transferencia electrónica de esfera externa, na que dúas especies químicas non están enlazadas directamente a unha á outra, pero despois foi ampliada ás reaccións de transferencia electrónica de esfera interna, na que dúas especies químicas están unidas por unha ponte química, por Noel S. Hush ( a formulación de Hush coñécese como a teoría de Marcus-Hush). En 1992 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa contribución á teoría das reaccións de transferencia electrónica nos sistemas químicos.

    Véxase tamén editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Richard R. Ernst
    Premio Nobel de Química
     

    1992
    Sucesor:
    Kary Mullis
    e
    Michael Smith