Geordan Murphy

xogador de rugby irlandés

Geordan Murphy, nado o 19 de abril de 1978 en Dublín (Irlanda) é un xogador de rugby irlandés que ocupa a marca de zagueiro. Actualmente xoga na Aviva Premiership, a máxima categoría do rugby en Inglaterra, concretamente nos Leicester Tigers, equipo do que é capitán. Ademais é un habitual do XV do Trevo dende o 200, cando foi convocado por primeira vez, tendo xogado dende aquela un total de 69 partidos, anotando 98 puntos incluíndo 18 ensaios.

Geordan Murphy
Nacemento19 de abril de 1978 e abril de 1978
Lugar de nacementoDublín
NacionalidadeIrlanda e Reino Unido
Alma máterDe Montfort University e Newbridge College
Ocupaciónxogador de fútbol gaélico e xogador de rugby
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Geordan Murphy xogou ao fútbol gaélico no nivel Minor (sub-18) no Kildare GAA na All-Ireland Minor Football Championship. En 1997 pouco antes de fichar polos Leicester Tigers foi chamado por primeira vez para xogar coa selección irlandesa de rugby sub-18. Pouco a pouco foi facéndose un sitio no primeiro equipo dos Tigers, mentres ía sendo chamado pola selección de Irlanda sub-21. As súas oportunidades como zagueiro eran limitadas debido á presenza de Tim Stimpson, mais gañouse un sitio como ala dereito. Murphy xogou as dúas finais da Heineken Cup gañadas por Leicester en 2001 e 2002.

En xuño do 2000, logo de representar ao equipo de Irlanda A na xira da selección irlandesa por América e a Irlanda XV, fixo o seu debut no XV do Trevo fronte aos Estados Unidos . Na tempada 2000-01 xogou con Irlanda A e foi chamado para participar na xira dos Barbarians por Reino Unido e Irlanda. Na tempada 2001-02 finalizou como máximo anotador de ensaios dos Leicester Tigers en tódalas competicións. Tamén anotou un ensaio para Irlanda no partido contra Samoa en novembro do 2001, e dous máis fronte a Gales en Dublín durante o Torneo das Seis Nacións, mais lesionouse no partido fronte a Inglaterra.

Xogou co XV do Trevo na súa xira por Nova Zelandia no 2002, engadindo dúas participacións máis co equipo irlandés, mais perdeuse o inicio da tempada 2002-03 dos Tigers, volvendo ao campo nos Tests de outono. No 2003 xogou tódolos partidos do Torneo das Seis Nacións, sendo nomeado mellor xogadore irlandés da tempada polos Irish Rugby Writers.

Murphy rompeu unha perna no último partido de preparación para a Copa do Mundo de Rugby 2003 no partido entre o XV do Trevo e Escocia en Murrayfield e non puido competir. Foi chamado para xogar cos British and Irish Lions na súa xira do 2005 por Nova Zelandia, xogando nun partido de preparación contra Arxentina, nesta xira foi seleccionado para xogar o terceiro e último partido do test.

No 2008 foi o zagueiro titular no partido crucial que enfrontou a Irlanda e a Arxentina o 22 de novembro, anotando un dos dous ensaios irlandeses.

Formou parte do equipo de Irlanda campión do Torneo das Seis Nacións 2009 e o Grand Slam.[1] En maio do 2009 foi chamado para xogar cos Barbarians contra Inglaterra e Australia xunto co seu compañeiro na selección irlandesa Gordon D'Arcy.[2]

Volveu novamente ao campo cos Tigers na tempada 2008-09, cando o capitán Martin Corry non estaba no equipo, e levouno a dúas finais esa tempada: Heineken Cup e Guinness Premiership (actual AVIVA Premiership), gañando esta última. Á tempada seguinte Murphy foi nomeado capitán, mais perdeuse parte do inicio da liga por lesión, volvendo en febreiro, levando ao seu equipo a un novo título da Guinness Premiership logo de gañar na final aos Saracens por 33–27.[3]

En xuño do 2010 foi elixido para capitanear á selección irlandesa no partido contra New Zealand Māori.[4]

Palmarés editar

Leicester Tigers editar

Selección de Irlanda editar

Notas editar

  1. [1][Ligazón morta]
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 
  3. Foy, Chris (2010-05-30). "Leicester 33 Saracens 27: Tigers give Lewis Moody victorious send off". Mail Online. Consultado o 2022-11-29. 
  4. Sportsmail (2010-06-17). "Geordan Murphy 'honoured' to captain Ireland at the Maoris' spiritual home". Mail Online. Consultado o 2022-11-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar