Gaston Leroux
Gaston Leroux, nado en París en 1868 e finado en Niza en 1927, foi un escritor e xornalista francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1868 París, Francia |
Morte | 15 de abril de 1927 (58 anos) Niza, Francia |
Lugar de sepultura | Cimetière du Château (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | xornalista, guionista, dramaturgo, novelista, escritor, avogado |
Período de actividade | 1887 - |
Xénero artístico | Reportaxe |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | gaston-leroux.net |
|
Traxectoria
editarPasou a infancia na rexión de Caux, volta a París para estudar dereito e faise avogado, pero exerce a profesión por pouco tempo. En 1892 entra en L'Écho de Paris, e en 1894 exerce de cronista xudicial para Le Matin, onde acada gran sona coas súas crónicas do asunto Dreyfus. Como correspondente de Le Matin viaxa por Italia, Marrocos e entre 1904 e 1906 permanece en Rusia, onde é testemuña da tentativa de revolución de 1905. En 1907 deixa o xornalismo e dedícase a escribir novelas. O misterio do cuarto amarelo (Le Mystère de la chambre jaune) publicado por entregas en 1907 en L'Illustration, a obra é unha novela de detectives, protagonizada por Joseph Rouletabille, que se converte nun grande éxito internacional, Leroux inspirouse na idea do recinto pechado que utilizara Edgar Allan Poe en Os crimes da rúa Morgue (1841).
Leroux escribiu fundamentalmente novelas de misterio, entre elas O misterio do cuarto amarelo ou Le Parfum de la dame en noir, algunhas cun forte toque humorístico como A cadeira tráxica, novelas de fantasía como L'Homme qui revient de loin e novelas de terror entre as que destacan as cinco novelas protagonizadas por Chéri-Bibi. Dende 1908 viviu na Costa Azul.
Obras
editarGastón Leroux escribiu 35 novelas, 6 obras de teatro e 3 libros de reportaxes.
- 1903 La double vie de Théophraste Longuet
- 1907 La Maison des juges
- 1907 O misterio do cuarto amarelo[1]
- 1908 Le Parfum de la dame en noir
- 1909 Le Fauteuil hanté
- 1910 O fantasma da ópera[2]
- 1910 Un Homme dans la nuit
- 1910 La Reine du Sabbat
- 1911 Balaoo
- 1912 L'Épouse du soleil
- 1913 Rouletabille chez le Tsar
- 1913 Premières Aventures De Chéri-bibi
- 1914 Rouletabille à la guerre
- 1916 Confitou
- 1916 La Colonne Infernale
- 1916 L'Homme qui revient de loin
- 1917 Rouletabille chez Krupp
- 1917 Le Capitain Hyx
- 1917 La Bataille invisible
- 1919 Nouvelles aventures de Chéri-Bibi
- 1920 Le Cœur cambriolé
- 1920 Tue-la-mort
- 1921 Le Sept de trèfle
- 1921 Le Crime de Rouletabille
- 1922 Rouletabille chez les Bohémiens
- 1923 La Poupée sanglante
- 1923 La Machine à assassiner
- 1924 Les Ténébreuses
- 1924 La Farouche aventure
- 1925 Le Fils de trois pères (Mardi-gras)
- 1925 L'Auberge épouvantable
- 1925 Le Coup d'État de Chéri-bibi
- 1925 La Mansarde en or
- 1926 Les Mohicans de Babel
- 1927 Mister Flow
- 1927 Les Chasseurs de danses
Notas
editar- ↑ Traducido ao galego por Xosé Sánchez Puga (Xerais, 1986).
- ↑ Traducido ao galego por Xoán Manuel Garrido Vilariño e Ana Luna Alonso (Xerais, 1996).