O fantasma da ópera
A pantasma da ópera[2] (Le Fantôme de l'Opéra) ou O fantasma da ópera[3] é unha novela gótica de Gaston Leroux, publicada en marzo de 1910 (tras aparecer serializada en Le Gaulois[4] de setembro de 1909 até xaneiro de 1910).[5] Foi adaptada numerosas veces ao teatro e ao cinema.
A pantasma da ópera | |
---|---|
Capa dunha edición de 1921. | |
Título orixinal | Le Fantôme de l'Opéra |
Autor/a | Gastón Leroux |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Tema(s) | The Phantom of the Opera |
Xénero(s) | Novela gótica |
Editorial | Pierre Lafitte and Cie |
Data de pub. | 1910 , 1998 [1] |
Páxinas | 180 |
ISBN | 15698188 |
Tradución | Olalla García (galego) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra está inspirada en feitos reais e na novela Trilby de George du Maurier, e combina elementos de romance, terror, drama, misterio e traxedia. A historia trata dun ser misterioso que aterroriza a Ópera de París para atraer a atención dunha nova vocalista á que ama.
Argumento
editarA novela está ambientada no París do século XIX, na Ópera Garnier, un edificio luxoso e monumental construído sobre un lago subterráneo entre 1857 e 1874. Os empregados afirman que a ópera está encantada por unha pantasma misteriosa que provoca moitos accidentes. A pantasma da ópera chantaxea os dous xerentes da ópera para que lle paguen 20 000 francos ao mes e lle reserven unha cabina privada para os concertos, xa que el compón todas as óperas que se presentan aí ou fai arranxos musicais.
Mentres, a nova diva Christine Daaé (aparentemente inspirada na diva sueca Christina Nilsson) que cre estar guiada por un Anxo de Música supostamente enviado polo seu pai, chega a un éxito repentino no escenario en canto substitúe a até entón prima donna Carlotta, que tivo que ser substituída dúas veces porque caeu nunha estraña enfermidade.
Nesta versión da historia, Carlotta é substituída debido a que Erik, a pantasma, deixa caer un pano de gran tamaño sobre Carlotta e fai que abandone a presentación desa noite. Christine gaña o corazón do público, incluíndo o do seu amor de infancia, o vizconde Raoul de Chagny.
A pantasma sente celos da relación de Christine con Raoul, e convídaa a visitalo no seu mundo so o edificio. Ela acepta, e abaixo nas catacumbas descobre que o seu anxo é en realidade un xenio musical deforme que leva unha máscara para ocultar a súa face aberrante. Ela berra de terror ao contemplar o seu rostro verdadeiro, e a pantasma encérraa no seu fogar, aceptando ceibala só cando ela prometa que volverá visitalo pola súa propia vontade.
Christine está dividida entre o amor do novo e encantador vizconde Raoul, e a súa fascinación coa misteriosamente fermosa música da pantasma. Cando ela se dá de conta de que o seu anxo é o mesmo pantasma da ópera responsábel de accidentes e asasinatos, ela e Raoul deciden casar en segredo e escapar de París, fóra do alcance da pantasma.
A pantasma descobre o seu plan, e durante a interpretación de Christine como Marguerite na ópera Faust de Charles Gounod, deixa a ópera ás escuras e secuéstraa en pleno escenario. Abaixo, no fogar da pantasma, ten lugar a última confrontación, entre a pantasma, Christine e Raoul. Alí Christine decidirá que facer; se salvar a Raoul dándolle un bico á pantasma da ópera ou non darlle o bico e que Raoul morra afogado.
Notas
editar- ↑ Tradución a galego por Xerais.
- ↑ Título dunha das traducións a galego
- ↑ Título en galego nunha das traducións
- ↑ (en francés) «Romans et nouvelles. Arquivado 01 de maio de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ "The Publication and Initial French Reception of Gaston Leroux's Le Fantôme de l'Opéra" 37 (138). doi:10.1093/frebul/ktw004.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O fantasma da ópera |
Outros artigos
editar Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |