Abrir o menú principal

Galicia Social foi un semanario editado en Vigo entre 1919 e 1968.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Órgano de las instituciones sociales y sindicatos católicos de la diócesis de Tuy, apareceu o 10 de xaneiro de 1919. A partir de 1928 subtitulouse Semanario defensor de los Sindicatos Católicos Obreros, que cambiou en 1933 por Semanario católico. Dirixido por Francisco Castro Ferrer, en 1922 foi substituído por Victoriano Ballesteros Reboreda e na última etapa por Xoán Bernárdez Vilar. Apoiou ao réxime franquista. Nun primeiro momento promoveu o turismo de Galicia, con abundantes fotografías paisaxísticas, e na última etapa prestoulle atención aos temas deportivos, con Carlos Espinosa Feijoo. Tamén lle concedeu importancia á literatura, principalmente á poesía relixiosa, publicando poemas en castelán de Florentino Clavo Astorga, Mercedes Viso Troncoso (Mechitas de Vigo), Benedicto Conde (Bene), Margarita Losada Pardo e Agustín Nandín Lomba; e, en galego, de Avelino Rodríguez Elías, Mariano Piñeiro e A. Recalp. En galego tamén se publicou (ata 1937) unha sección intitulada "Paletadas" e a partir de 1946 a "Contos gallegos", asinados por Xan das Coutadas, e algúns textos en "Rincón poético". Cesou a súa edición o 3 de febreiro de 1968.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.