Margarita Losada Pardo
mestra, política e escritora galega
Margarita Losada Pardo, nada en Vigo en 1883 e finada na mesma cidade o 16 de novembro de 1967,[1] foi unha mestra, política e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 Vigo, España |
Morte | 16 de novembro de 1967 (83/84 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, política, escritora |
Traxectoria
editarMestra de profesión. Militou en asociacións de carácter relixioso: pertenceu á catequese viguesa, deu clase na Escola Nocturna que mantiña a Igrexa, foi dirixente local de Acción Católica e presidiu Las Margaritas de Vigo, asociación vinculada co carlismo. En 1929 participou no congreso de Acción Católica de Barcelona cun relatorio sobre a unidade de acción entre as asociación integrantes da Acción Católica de la Mujer. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeada concelleira de Vigo xunto con Agustina Álvarez Rovina, tomando posesión o 18 de xaneiro de 1927.[2] É autora de varias novelas.
Obras
editar- Por distinta senda, 1925.
- Ecos del pasado, 1925.
- De estirpe galiciana, 1933.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 1-12-1967, p. 4.
- ↑ Las mujeres entran en la corporación municipal
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 126. ISBN 84-85311-96-5.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 252. ISBN 978-84-8341-146-9.