Eliseo Sastre Pérez

xornalista español

Eliseo Sastre Pérez, nado en Chañe (provincia de Segovia) cara a 1858 e finado en Vigo en setembro de 1932, foi un xornalista e escritor español.

Modelo:BiografíaEliseo Sastre Pérez
Biografía
Nacemento1856 Editar o valor en Wikidata
Chañe, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortesetembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEliseo Sastre del Blanco Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 155200

Traxectoria

editar

Foi socio fundador da Casa Católica de Vigo e do semanario Galicia Social. Redactor de La Integridad, cando este desapareceu dirixiu o periódico La Semana.[1] Colaborou en La Raza e publicou algúns poemas en Vida Gallega. Tamén foi secretario da Liga contra la corrupción del idioma castellano fundada en Vigo en xaneiro de 1924.[2] Durante a Segunda República foi un dos fundadores da Unión Regional de Derechas e pertenceu a directiva de Acción Nacional de Vigo en 1932.[3] Finou en Vigo en setembro de 1932 con 74 anos.[4][5]

Vida persoal

editar

Casou con Petra del Blanco Cuevas e foi pai de Eliseo, Claudio, Francisco, Maximino, Felisa e Braulio Sastre del Blanco.

  1. El Pueblo Gallego, 14-5-1925, p. 11.
  2. El Pueblo Gallego, 27-1-1924, p. 17.
  3. Fernández González, Manuel (2005). La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República (PDF) (Tese) (en lingua castelá). USC. 
  4. El Pueblo Gallego, 9-9-1932, p. 2.
  5. "Eliseo Sastre Pérez", Galicia, 11-9-1932, p. 2,.