Gaetano Bresci

Anarquista italiano, asasino de Humberto I de Savoia

Gaetano Bresci, nado en Prato, na Toscana, o 10 de novembro de 1869, e finado en Ventotene, no Lacio, o 22 de maio de 1901 foi un anarquista italiano coñecido por ser o autor do asasinato o rei de Italia Humberto I de Savoia. Foi considerado un heroe por moitos anarquistas e liberais republicanos italianos. Bresci foi o primeiro en matar un monarca europeo (sen derrocarse o Goberno) que non terminou sendo executado.[1]

Gaetano Bresci
Nacemento10 de novembro de 1869
Lugar de nacementoCoiano e Prato
Falecemento22 de maio de 1901
Lugar de falecementoIlla de Santo Estefano
Causaenforcamento
NacionalidadeReino de Italia
Ocupaciónanarquista, obreiro e terrorista anarquista
Coñecido porAsasinato do rei Humberto I de Savoia
editar datos en Wikidata ]

Militancia anarquista editar

Cara aos derradeiros anos do século XIX, como tantos outros italianos, Breci emigrou aos Estados Unidos, concretamente a Paterson, en Nova Jersey, onde xa existía unha grande comunidade italoamericana. Alí comezou a significarse no ámbito do anarquismo e foi un dos fundadores de Questione Sociale, un xornal anarquista publicado en idioma italiano editado en Paterson.  

O asasinato de Humberto I editar

No entanto, en Italia, as subas do prezo do pan en 1898 xeraron manifestacións por todo o país. En Milán, unha multitude desarmada de manifestantes marchou cara ao pazo e foi masacrada polas tropas do exército comandadas polo xeneral Fiorenzo Bava Beccaris. Houbo preto de noventa mortos, entre eles a irmá de Bresci.[2]

 
Gaetano Bresci durante o seu xuízo.

A partir deses feitos, o rei Humberto condecorou o xeneral Fiorenzo Bava Beccaris, como mostra de agradecemento pola súa "valente defensa da casa real", e este foi o detonante para que Bresci tomase a decisión de executar o rei. Con ese fin emprendeu viaxe de volta para Italia e, en Monza, onde o rei estaba de visita, acabou coa súa vida de catro balazos o 29 de xullo de 1900.[3]

Bresci foi capturado e axuizado, baixo a defensa de Francesco Saverio Merlino[4]. Foi sentenciado en Milán, o 29 de agosto de 1900, a cadea perpetua na illa de San Estevo en Ventotene, onde xa pagaban condena numerosos anarquistas. Case un ano despois foi atopado sen vida na súa cela, aínda que as circunstancias da súa morte seguen sen aclararse, posto que non se sabe se foi un suicidio ou asasinado polos vixilantes do cárcere.

Notas editar

  1. Allen, John L., Jr. He executed justice. Papal execution Giovanni Battista Bugatti's life and work. National Catholic Reporter.
  2. Assassin's lot fell upon anarchist here. Gaetano Bresci, the King's Murderer, Lived in Paterson. En The New York Times. 31 de xullo de 1900.
  3. Cesare Gildo Silipo, Un re: Umberto I, un generale: Bava Beccaris Fiorenzo, un anarchico: Gaetano Bresci. Milán. Il Centro della Copia, 1998.
  4. Francesco Saverio Merlino. La difesa di Gaetano Bresci alla Corte d'assise di Milano. Bolonia. La Controcorrente, 1912.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arrigo Petacco. L'anarchico che venne dall'America. Arrigo Petacco. Storia di Gaetano Bresci e del complotto per uccidere Umberto I. Milano. Oscar Mondadori, 2001. [ISBN 88-044-9087-X]
  • Giuseppe Galzerano. Gaetano Bresci: vita, attentato, processo, carcere e morte dell'anarchico che giustizio Umberto I. Casalvelino Scalo. Galzerano, 2001.
  • Fabio Santin e Marco Riccomini. Gaetano Bresci: un tessitore anarchico. Montespertoli. MIR Edizioni, 2006. [ISBN 88-88282-88-2].
  • Massimo Ortalli, Gaetano Bresci. Tessitore, anarchico e uccisore di Re. Nova Delphi Libri. Roma, 2011 [ISBN 9788890514999]