Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira

administrador colonial galego

Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, nado en Viveiro[1] en 1539[2] e finado no mar de Célebes o 19 de outubro de 1593, foi un político, diplomático e militar galego do século XVI. Foi gobernador de Filipinas, onde fundou a cidade de Dasmariñas.

Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira
Gobernador de Filipinas

Mandato1589-1593
Nacemento1539
Viveiro
Falecemento1593
Mar de Célebes
PredecesorSantiago de Vera
SucesorLuis Pérez das Mariñas e Mendoza
Cónxuxe/s1.María Sarmiento Ribadeneira
2.Ana Pais Soutomaior Mendoza
Descendencia1.Luis Pérez das Mariñas e Sarmiento

2.Luis Pérez das Mariñas e Mendoza
3.Berenguela Pérez das Mariñas e Mendoza

4.Gregoria Pérez das Mariñas e Mendoza
ProxenitoresFernán Díaz de Ribadeneira
Berenguela das Mariñas e Xunqueiras

Traxectoria editar

Fillo de Fernán Díaz de Ribadeneira e de Berenguela das Mariñas, Gómez Pérez foi nomeado gobernador de León o 30 de xaneiro de 1579. No seu recordo pódese atopar unha inscrición na Casa das Carnicerías da capital leonesa, que reza: Hízose este edificio, más las fuentes y calzadas de la ciudad, siendo Gobernador el muy ilustre Gómez Pérez das Mariñas. Año de 1581, el cual gobernó bien. O éxito no seu labor redunda no seu nomeamento, polo rei Filipe II, como correxedor das cidades de Cartagena, Lorca e Murcia, o 27 de setembro de 1584, cargo que ocupa ata o 1 de xaneiro de 1587.

Gobernador de Filipinas editar

No ano 1589, e en compensación aos seus servizos, recibe do Rei o hábito da Orde de Santiago e o nomeamento como Capitán xeneral das Illas Filipinas, a onde non chegará ata maio de 1590. Á súa xestión como Gobernador débense a construción das murallas de Manila, a reconstrución do Forte Santiago e o inicio das obras da catedral da cidade. Igualmente, fundou a poboación de Dasmariñas, a 24 quilómetros da capital, na provincia de Cavite (Calabarzón), e que na actualidade conta con preto de 400.000 habitantes.

Destacou tamén no seu labor diplomático, sendo o primeiro gobernador español en establecer contactos co Xapón, e potenciando as relacións comerciais coa China. No entanto, falecería asasinado a bordo do navío "La Capitana", ao mando do cal se dirixía cara á conquista das illas Molucas. Sucederíao no cargo o seu fillo Luís.

Notas editar

  1. MUNDIARIO. "Viveiro, un pueblo clave en la conquista del Pacífico". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 2022-01-27. 
  2. Donapetry Iribarnegaray, Juan (2003). Historia de Vivero y su Concejo. pp. 503. ISBN B84-86824-00-1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Santiago de Vera
Gobernador de Filipinas
1589 - 1593
Sucesor:
Luis Pérez das Mariñas e Mendoza