Frederico X de Dinamarca

rei de Dinamarca

Frederico X de Dinamarca (Frederik André Henrik Christian), nado en Copenhague o 26 de maio de 1968, é o rei de Dinamarca e conde de Monpezat. O 14 de xaneiro de 2024 foi proclamado rei de Dinamarca, logo da abdicación da súa nai, a raíña Margarida II.

Infotaula de personaA Súa Maxestade Editar o valor em Wikidata
Frederico X de Dinamarca

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(da) Frederik 10. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(da) Frederik André Henrik Christian Editar o valor em Wikidata
26 de maio de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Rigshospitalet, Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Monarca de Dinamarca
14 de xaneiro de 2024 –
← Margarida II de Dinamarca
Príncipe da Coroa (pt) Traducir Dinamarca
14 de xaneiro de 1972 – 14 de xaneiro de 2024
← Margarida II de DinamarcaCristiano, Príncipe da Dinamarca (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrederik VIII’s Palace (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeDinamarca
Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgreja Nacional da Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Danish Defence College (en) Traducir (2001–2002)
Universidade Harvard - ciencia política (1992–1993)
Øregård Gymnasium (en) Traducir (–1986)
Universidade de Aarhus - ciencia política (1986–1995)
École des Roches (en) Traducir (1982–1983)
Krebs' Skole (en) Traducir (1974–1981) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei (2024–), autor , militar , diplomático , aristócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresPeter Germer Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa, lingua francesa, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
Rama militarForças Armadas Dinamarquesas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militaralmirante (2024–)
Xeneral (2024–) Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaDinamarca Editar o valor em Wikidata
Deportevela
Esquí de fondo Editar o valor em Wikidata
Participou en
25 de agosto de 2001Casamento de Haakon, Príncipe Herdeiro da Noruega e Mette-Marit Tjessem Høiby (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKing of Denmark (en) Traducir (2024–)
Count of Monpezat (en) Traducir (2008–)
Crown Prince (en) Traducir (1972–2024)
Prince of Denmark (en) Traducir (1968–1972) Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Glücksburg (Denmark) (en) Traducir e Casa de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Donaldson (2004–)
FillosCristiano, Príncipe da Dinamarca (pt) Traducir, Isabela, Princesa da Dinamarca (pt) Traducir, Vincent, Príncipe da Dinamarca (pt) Traducir, Josefina de Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenrique de Laborde de Monpezat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Margarida II de Dinamarca Editar o valor em Wikidata
IrmánsXoaquín de Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1204648 WikiTree: Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg-16 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo primoxénito de Margarida II de Dinamarca e do príncipe Henrique de Laborde de Monpezat, leva o nome de Frederico cumprindo coa tradición dinamarquesa de que os herdeiros ao trono sexan bautizados polo Frederico ou Cristián.[1]

Cursou a primaria e secundaria en centros privados e públicos de Copenhague, así como un curso en Normandía. Ademais, estudou Ciencias Políticas na Universidade de Aarhus, rematando en 1995, facendo o curso 1992-1993 na Universidade de Harvard.[2]

Traballou como diplomático na delegación dinamarquesa ante as Nacións Unidas en Nova York e na embaixada en París. Tamén recibiu instrución militar nos tres compoñentes da Defensa (exército, armada e aviación).[3]

Casou en 2004 con Mary Donaldson, de orixe australiana, e é pai dos príncipes Cristián, Sabela, Vicente e Xosefina.[4]

O 31 de decembro de 2023, a súa nai, a raíña Margarida II, anunciou a súa intención de abdicar o día 14 de xaneiro de 2024, data do seu 52 aniversario como monarca. Dese xeito, Frederico X chegou o trono dinamarqués. O 14 de xaneiro de 2024, celebrouse ás 14 horas unha reunión do Consello de Estado (o goberno canda a raíña Margarida e Federico X) no Palacio de Christiansborg en Copenhague. Finalizada a xuntanza, Margarida II asinou formalmente a súa renuncia e as 15 horas, a primeira ministra danesa, Mette Frederiksen proclamou o novo rei dende o balcón do palacio, sendo aclamado polo pobo alí presente.[5][6] Dende unha fortaleza militar do porto disparáronse 27 salvas de artillaría logo da proclamación. Despois, o novo rei, a súa dona, a raíña María, e os seus fillos, mantiveron unha recepción con diferentes persoeiros de Dinamarca, as Illas Feroe e Grenlandia. De regreso á súa residencia no Palacio de Amalienborg, fixeron un paseo polas rúas da capital dinamarquesa saudando aos milleiros de persoas congregados. Chegados a Amalienborg, un conxunto de pazos onde reside a familia real de Dinamarca, os estandartes e demais sinais rexios, foron retirados do pazo de Cristián IX, morada de Margarida II, e izados no de Federico VIII, onde reside o novo rei.[7][8]

Notas editar

  1. Nast, Condé (2019-10-16). "¿Federico o Christian? La curiosa tradición de la familia real danesa con los nombres de los bebés 'royals'". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 2024-01-02. 
  2. "HRH The Crown Prince". www.kongehuset.dk. Consultado o 2024-01-02. 
  3. Ferrer, Isabel (2024-01-02). "Federico de Dinamarca, el príncipe informal que promete mantener las tradiciones de la monarquía". El País (en castelán). Consultado o 2024-01-02. 
  4. "Relive Crown Prince Frederik and Crown Princess Mary's stunning wedding day as it happened". HELLO! (en inglés). 2021-05-14. Consultado o 2024-01-02. 
  5. "Frederik 10. er nu konge af Danmark". DR (en dinamarqués). 2024-01-14. Consultado o 2024-01-14. 
  6. "Nu er kong Frederik Danmarks regent - TV 2". nyheder.tv2.dk (en dinamarqués). 2024-01-14. Consultado o 2024-01-14. 
  7. "Denmark awaits new king, as Queen Margrethe to bow out". 14-1-2024. Consultado o 14-1-2024. 
  8. "Margarida II de Dinamarca abdica este domingo en favor do seu fillo Federico". G24. Consultado o 2024-01-14. 

Véxase tamén editar