Franck Songo'o

futbolista francés

Franck Steve Songo'o, nado en Yaoundé o 14 de maio de 1987, é un exfutbolista camerunés. Xogaba de centrocampista e dianteiro e desenvolveu a súa carreira principalmente en España e Inglaterra. Foi internacional coa selección do Camerún.

Franck Songo'o
Información persoal
Nome Franck Steve Songo'o
Nacemento 14 de maio de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Yaoundé
Altura 1,78 m.
Posición Dianteiro e centrocampista
Información de club
Club actual retirado
Carreira xuvenil
–1996 Metz
1996–1997 Salesianos
1997–2001 Orillamar SD
1999 Deportivo da Coruña
2001–2005 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005 Barcelona C 1 (0)
2005–2008 Portsmouth 3 (0)
2006Bournemouth (cedido) 4 (0)
2007Preston North End (cedido) 6 (0)
2007Crystal Palace (cedido) 9 (0)
2008Sheffield Wednesday (cedido) 12 (1)
2008–2010 Zaragoza 31 (1)
2010Real Sociedad (cedido) 8 (0)
2010–2011 Albacete 6 (0)
2012 Portland Timbers 27 (1)
2013–2014 Glyfada 10 (0)
2014 PAS Giannina 4 (0)
Selección nacional
2006 Francia sub-19 2 (0)
2008 Camerún sub-23 4 (0)
2008–2012 Camerún 3 (0)
Na rede
FIFA: 296806 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

É fillo do ex-porteiro Jacques Songo'o e irmán do centrocampista Yann Songo'o.

Traxectoria editar

Comezos editar

Fillo do gardameta camerunés Jacques Songo'o, naceu en Yaoundé, trasladándose a curta idade a Europa, tralo salto de seu pai ao fútbol francés. Comezou a xogar nas categorías inferiores do Metz, club no que militou seu pai entre 1993 e 1996, e trala fichaxe deste polo Deportivo da Coruña, a familia instalouse en Galicia.[1]

Ao pouco de chegar á Coruña, e por mediación de José Ángel Franganillo, Franck comezou a xogar de dianteiro no equipo dos Salesianos, dependente do Orillamar SD.[1] Xogou máis tarde no propio Orillamar e formou parte da selección coruñesa de fútbol 7.[2] En xuño de 1999 participou no Torneo de Brunete representando ao Deportivo da Coruña, que daquela aínda non tiña equipo alevín, e realizoun unha destacada actuación.[3] En 2001 entrou na canteira do FC Barcelona, despois de rexeitar unha oferta do Real Madrid.[4]

Portsmouth editar

Despois de catro anos en Barcelona, e de debutar en Terceira División co FC Barcelona C, no verán de 2005 fichou polo Portsmouth inglés, co que debutou na Premier League da man do adestrador Alain Perrin o 24 de setembro fronte ao Bolton Wanderers. Ao non contar apenas con minutos, en 2006 saíu cedido ao Bournemouth, da Football League One (terceira división do fútbol inglés), e a continuación foi cedido a tres equipos da Football League Championship: o Preston North End, o Crystal Palace e o Sheffield Wednesday. O 13 de xaneiro de 2008 xogou o seu terceiro e derradeiro partido na Premier, nunha derrota por 2-0 contra o Sunderland.

Real Zaragoza editar

En agosto de 2008 fichou polo Real Zaragoza,[5] co que disputou 26 partidos esa tempada, a maioría entrando dende o banco, e anotou un gol fronte ao Las Palmas. O equipo, adestrado por Marcelino García, logrou ese ano o ascenso á Primeira División. Debutou na máxima categoría na xornada 3 da tempada 2009/10, contra o Valladolid na Romareda, pero a falta de minutos fixo que fose cedido no mercado invernal á Real Sociedad, que estaba líder da Segunda División.[6] Disputou oito encontros co equipo vasco, adestrado por Martín Lasarte, e acabou proclamándose campión da categoría.

Últimos anos como profesional editar

Na tempada 2010/11 fichou polo Albacete, co que xogou só seis partidos e descendeu á Segunda División B. Deixou o equipo tralo descenso e despois dun tempo adestrándose co Montañeros da Coruña, realizou unha proba co Portland Timbers da MLS, co que asinou finalmente un contrato.[7][8] Xogou un ano no equipo estadounidense, disputando 27 encontros, marcando un gol e repartindo cinco asistencias.[9]

Despois dun breve paso polo Glyfada, da segunda división grega, fichou en decembro de 2013 polo PAS Giannina, da Superliga de Grecia, onde pouco despois puxo fin á súa carreira como futbolista profesional.[10] Fóra do fútbol dirixiu na Coruña negocios postos en marcha por seu pai.[11]

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección francesa sub-19 e en 2008 pediu á FIFA un cambio de selección, para poder representar ao Camerún nos Xogos Olímpicos de 2008. A solicitude foi aceptada e Songo'o participou na cita olímpica, tendo como compañeiros entre outros a Mbia, Song e Nkoulou. Disputou os catro partidos do seu equipo, que caeu eliminado en oitavos de final contra o Brasil, grazas a dous goles na prórroga de Sóbis e Marcelo.[12]

Debutou coa selección absoluta do Camerún en setembro de 2008, nun partido de clasificación para o Mundial de 2010 contra Cabo Verde, e sumou un total de tres internacionalidades.[13]

Palmarés editar

Real Sociedad

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Cuando el fútbol está en la sangre". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de novembro de 1996. p. 54. 
  2. "El delantero Songo’o". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xaneiro de 1998. p. 59. 
  3. "Franck Songo'o brilla en el Torneo de Brunete". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xuño de 1999. p. 34. 
  4. "Frank Songo’o, al Barça". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2001. p. 35. 
  5. "El camerunés de acento coruñés aterriza en Zaragoza". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de agosto de 2008. p. 32. 
  6. "Frank Songo'o llega cedido a la Real Sociedad". El Diario Vasco (en castelán). 22 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  7. "Franck Songo'o tries to earn spot on Portland Timbers' roster" (en inglés). 13 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  8. "Franck Songo'o, Timbers vs. Dynamo preseason, 2.15.12" (en inglés). 15 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  9. "Timbers waive midfielder Franck Songo'o, defender Chris Taylor" (en inglés). 27 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  10. "OFICIAL: PAS Giannina, se incorpora Franck Songo'o" (en castelán). 31 de decembro de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  11. "El ex deportivista Songo´o pone sus negocios en manos de su hijo" (en castelán). 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  12. "Brasil - Camerún nos Xogos Olímpicos de 2008". FIFA (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  13. "Camerún - Cabo Verde 2008". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar