Francisco Justo Pérez van-Leenden

lingüista de Colombia

Francisco Justo Pérez van-Leenden, nado en Riohacha, La Guajira o 3 de maio de 1949, e finado en Bogotá o 13 de xullo de 2019,[1] foi un investigador e académico colombiano. Foi docente e reitor da Universidade da Guajira e membro do centro colombiano de estudos en linguas indíxenas da sociedade de historia da educación latinoamericana.[2]

Infotaula de personaFrancisco Justo Pérez van-Leenden
Biografía
Nacemento3 de maio de 1949 Editar o valor em Wikidata
Riohacha, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 2019 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Distrital Francisco José de Caldas
Universidade Nacional de Colombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigador , lingüista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudos editar

En 1967, recibiu o seu título como bacharel, logo de cursar estudos de primaria e secundaria no colexio Divina Pastora. Xa como bacharel, decidiu matricularse na Universidade Distrital Francisco José de Caldas e cursar a carreira en enxeñaría electrónica. Posteriormente tamén se matriculou na Universidade Nacional de Colombia e alí cursou a licenciatura en filosofía e linguas.

En marzo de 1979, recibiu o seu título como licenciado en filosofía e linguas, o que lle permitiu impartir clases comezando a década dos 80, no colexio a Sagrada Familia, o cal se atopaba baixo a dirección da irmá Teodosia Josefina Zúñiga Deluque, quen lle solicitou a organización da biblioteca, o cal realizou baixo a capacitación de Colcultura e a Secretaría de Cultura a través de diversos cursos.

Especializouse cunha mestría en etnolingüística na Universidade dos Andes de Bogotá, especialización que comezou en 1985 e rematou en marzo de 1987. Dende o 6 de novembro de 1990 até setembro de 1991 foi director encargado do centro de información na Universidade da Guajira. Igualmente dende 1979 até 2019 estivo vinculado a devandita institución como docente.

Na Universidade da Guajira editar

Dende 1979 estivo adscrito como docente na Universidade da Guajira, até 2019, onde chegou a desempeñar diferentes cargos como; decano da facultade de ciencias da educación, vicerreitor académico, director encargado do centro de información sobre a cultura wayuu.

Foi reitor de devandita institución dende setembro de 1991 até febreiro de 1996, impulsando desa maneira a xestión para a creación da cidadela universitaria e a inclusión de programas de licenciaturas en linguas modernas, enxeñaría ambiental, licenciaturas en etnoeducación e do centro de información sobre grupos étnicos (Cige), o cal recompila investigacións e material bibliográfico acerca de pobos indíxenas e comunidades negras de todo o mundo.

A súa xestión en devandita institución centrouse en boa parte para consolidar moitos aspectos relacionados co uso da lingua wayuu como unha lingua oficial, polo tanto consideraba como esencial para o pobo wayuu e para a Guajira, a escritura do wayuu na cotidianidade.[3] Ademais impulsou e participou na tradución da Constitución Política de Colombia no ano 1991 xunto a Margarita Pimienta.[4]

Libros editar

  • Wuommainpa (v. 3 e 4)
  • Wayuunaiki: estado, sociedad y contacto
  • Colaboro en la traducción al wayuunaiki en partes de la Constitución Política de Colombia 1991
  • Sujuupajiraya akua’ipa: abrazando las culturas

Notas editar

  1. elheraldo.co (ed.). "Falleció el lingüista y ex rector de Uniguajira Justo Pérez Van Leenden". Consultado o 5 de abril de 2023. 
  2. Rosas, Notas. "Francisco Justo Pérez van-Leenden: un vuelo hacia la inmortalidad". Notas Rosas. Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  3. revistaentornos (14 de xullo de 2019). "Francisco Justo Pérez Van-Leenden » Revista Entornos". Revista Entornos (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  4. Pérez Van-Leenden, Francisco. "Se fue Francisco Justo Pérez Van Leenden, uno de los grandes intelectuales de La Guajira." (en español). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2020. Consultado o 8 de outubro de 2021.