Riohacha

cidade e concello do departamento de La Guajira, Colombia

Coordenadas: 11°32′39″N 72°54′25″O / 11.54417, -72.90694

Riohacha (en wayuunaiki: Süchiimma; que se traduce como a "Terra do Río") é un concello colombiano, capital do departamento de La Guajira.[1] Atópase na costa do mar Caribe, no delta do río Ranchería. É o segundo concello con maior extensión territorial no seu departamento e constitúe unha vasta engrenaxe de entidades públicas, bancos e entidades financeiras, sede da Diocese de Riohacha; institucións culturais, educativas, escenarios deportivos e o seu sector comercial. Conta cunha poboación estimada de 277 913 (2017) habitantes distribuída en 15 correxementos, 8 resgardos indíxenas e a súa cabeceira municipal que se ensancha afastándose da costa.

Riohacha
Flag of Riohacha.svg
Escudo de Riohacha.svg
Riohachacity.jpg
Vista da cidade.
Localización
Riohacha en Colombia
Riohacha
Riohacha
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoLa Guajira
Xeografía
Altitude5 msnm
Superficie3 084 km²
Demografía
Poboación287 009 (2018)
Densidade57,17 hab/km²
XentilicioRiohachero, -a
Outros datos
Código postal440001
AlcaldeFabio Velásquez Rivadeneira (2016-2019)
Páxina oficial

Instituída a mediados do século XVI, é considerada como unha das cidades fundadas por españois máis antiga de América. A súa historia demóstranos un pasado de "destrución e reconstrución": en 1596 foi destruída polo pirata inglés Francis Drake; a mediados do século XVII o mar arrasou gran parte da cidade; en 1820 as forzas patriotas, despois de librar a batalla naval da Lagoa Salá, queimaron a cidade para asegurarse que non fose reocupada por realistas. É por iso considerada O Fénix do Caribe. No pasado estivo habitada principalmente por indíxenas eneales, guanebucanes, wiwas e wayuus; estes dous últimos aínda viven no concello. Desde eses tempos era considerada un templo ou santuario de enterros preciosos e "pagamentos".

NotasEditar

  1. "Riohacha es declarada distrito turístico y cultural". Archived from the original on 09 de xullo de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar